Antón e os inocentes é unha novela de Xosé Luís Méndez Ferrín escrita en 1970 e publicada en 1976 por Edicións Xistral co título de Antón e os iñocentes.
Características miniatura|O autor dialogando con Antón Lopo sobre a obra na Libraría Paz de Pontevedra en xaneiro de 2020 Finalista do Premio de Novela de Galaxia de 1975 e do Premio da Crítica española, fora acollida con frialdade por certos críticos galegos, que a consideraron no seu día das menos brillantes producións do autor ourensán.
Escrita no Penal de El Dueso (onde estivo recluído entre 1969 e 1971), forma parte dunha triloxía xunto con No ventre do silencio e a inédita Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, a obra que provocou a condena do autor aínda que non fora publicada."Recuperan a mítica novela sobre a guerrilla galega pola que Xosé Luís Méndez Ferrín foi enviado a prisión" CCG, 22/4/2020.
O tempo confirmou que se trata dun dos textos emblemáticos de Méndez Ferrín, segundo o propio candidato a Nobel, enlazado coa moi posterior No ventre do silencio cara a unha presumible triloxía narrativa sobre a posguerra. A elaborada estrutura de Antón e os inocentes entretece ambientacións e feitos históricos (os anos cincuenta en Vigo, a batalla de Dien Bien Phu no Vietnam) co percorrido vital dunhas personaxes que aboian entre a realidade opresora e o éxodo onírico.
Segundo a propia editora: Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950. Desprégase sobre eles unha tormenta; Antón e a ferida impronunciable dun conflito latente. Este libro é a historia de dous mozos que emprenden unha viaxe cara ás sombras da que é imposible regresar.
Segundo Antón Blanco: o salto que dá o proletariado galego na obra de Méndez Ferrín, en concreto en Antón e os inocentes, para pasar de ser un recurso case costumista na literatura galega a ser o suxeito político e literario central, en quen recae a responsabilidade histórica de avanzar cara a un mundo mellor. A narración agocha “tras o envoltorio do Bildungsroman todo un tratado histórico e ideolóxico sobre os conflitos derivados da loita de clases aos que se ve sometida a Galiza contemporánea”.
Edicións A segunda edición saíu do prelo en 1986 na editorial Sotelo Blanco, cun limiar do autor escrito dez anos despois. En 1992 foi incluído na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia. En 2019 Xerais publicou unha nova edición na colección Xerais Clásicos, que correu a cargo de Antón Blanco Casás en canto á fixación textual e un breve prólogo e unha fotografía extraordinaria na cuberta a cargo de Manuel G. Vicente.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1976 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Xosé Luís Méndez Ferrín Categoría:Novelas ambientadas en Vigo