Hofors é un municipio sueco (kommun) do condado de Gävleborg. A súa capital é o núcleo urbano de Hofors. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 9 542 habitantes.

Durante moitos séculos Hofors foi unha comunidade industrial distinta, e a empresa mineira Gästriklands bergslag tiña no municipio as súas actividades.

Administración histórica A área do concello conrrespóndese á da parroquia de Torsåker, que se converteu no municipio rural de Torsåker coa reforma municipal de 1862. No ano 1925 o municipio rural de Hofors separouse de Torsåker.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona.

O concello de Hofors naceu coa reforma municipal de 1971, a partir dos municipios rurais de Hofors e Torsåker.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Gävleborg