O Alfonso XII foi un cruceiro non protexido da Armada española que permaneceu activo desde 1892 ata 1908. Recibía o seu nome en honra ao rei Afonso XII, foi o segundo dos tres compoñentes da Clase Reina Cristina.
Primeiros tempos Pouco logo de entrar en servizo, foi enviado a Tánxer en resposta a un incidente con Marrocos. Estivo ao longo de 1892 nos diversos actos e celebracións con motivo do IV Centenario do descubrimento de América, incluídas as revistas navais de Huelva e Xénova. Tamén participou nas operacións da Guerra de Melilla entre 1893 e 1894.
Guerra hispano-estadounidense
esquerda|miniatura|O Alfonso XII no dique flotante da Habana. Foi enviado a Cuba en outubro de 1895 para axudar na loita contra a insurrección. Na noite do 15 de febreiro de 1898 no porto da Habana, o Alfonso XII atopábase fondeado moi preto do acoirazado de segunda clase USS Maine (ACR-1), e foi testemuña da explosión do buque estadounidense, cuxos superviventes foron socorridos pola dotación do cruceiro español.
Ao estalar dous meses máis tarde o conflito cos Estados Unidos, o Alfonso XII seguía na Habana, necesitado de reparacións e imposibilitado para navegar, polo que desembarcou a súa artillaría para reforzar as defensas costeiras.
Final na armada Ao ano seguinte volveu a España, ordenándose o 15 de xullo de 1899 a súa transformación en buque escola de artilleiros e procedeuse a desmontar en Ferrol os seus tubos lanza torpedos, aínda que os traballos foron suspendidos ao decidirse a súa baixa o 18 de maio de 1900; unha vez desarmado, o seu casco foi utilizado como depósito de carbón no Arsenal da Carraca (Cádiz). Foi vendido en 1907 e desmantelado en 1908.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Chesneau, Roger, e Eugene M. Kolesnik, Eds. Conway's All The World's Fighting Ships 1860–1905. Nova York, Nova York: Mayflower Books Inc., 1979. . Gray, Randal, Ed. Conway's All The World's Fighting Ships 1906–1921. Annapolis, Maryland:Naval Institute Press, 1985. .
Ligazóns externas The Spanish-American War Centennial Website: Alfonso XII (en inglés) Department of the Navy: Naval Historical Center: Online Library of Selected Images: Spanish Navy Ships: Alfonso XII (Cruiser, 1897–1907) (en inglés)
Categoría:Embarcacións da Armada Española Categoría:Barcos de 1887 Alfonso XII