Johanna Koivula, nada o 15 de outubro de 1980 en Tampere (Finlandia), é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo retirada, que xogou na máxima categoría do hóckey feminino finlandés durante máis de 20 anos e foi internacional con Finlandia. Xogaba como centro.
Koivula xogou para Ilves Naiset na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés dende a tempada 1997-98, coa excepción da tempada 2015-16, cando xogou en HPK. En outubro de 2017 xogou o seu partido número 500 na competición e anotou o seu gol 200. Gañou o campionato finlandés nos anos 2006 e 2010 e gañou unha ducia doutras medallas.
Koivula xogou 19 encontros coa selección finlandesa, nos que anotou un gol e dúas asistencias.
O 19 de marzo Ilves Naiset retirou o número 15 no seu honor.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Tampere Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset Categoría:Xogadoras do HPK Kiekkonaiset