Os resultados das eleccións de 1985 déronlle ao aliancista Fernández Albor a oportunidade de reeditar o seu goberno en minoría, mais agora co apoio dos once deputados de Coalición Galega, en vez do da UCD.

Este apoio dos da piña a Albor supuxo a confrontación interna entre os conservadores –que aprobaban manter a colaboración coa Coalición Popular– e a á progresista, liderada por González Mariñas, que vía con mellores ollos conformaren un goberno alternativo cos socialistas. Estes últimos acabarían por se escindir do grupo parlamentar, con cinco deputados dos once, para rematar por formaren o seu propio partido político: o Partido Nacionalista Galego (PNG-PG).

Por outra banda, as liortas entre Fernández Albor e o seu vicepresidente, Xosé Luís Barreiro Rivas, que chegaron a supór a intervención do propio líder nacional do partido, Manuel Fraga, acabaron coa saída de Barreiro Rivas tanto do goberno como do grupo parlamentar, acompañado por outros catro deputados, cos que formaría a Unión Democrática Galega, que terminaría por se unir aos coagas, sumando de novo once deputados no parlamento e deixando aos populares con vinte e nove deputados.

O cambio da aritmética parlamentaria posibilitou o Pacto dos Tilos entre González Laxe do PSdeG, Barreiro Rivas –agora líder de CG– e González Mariñas, líder do PNG-PG. Segundo dito pacto, e co apoio dos tres deputados do PSG-EG de Camilo Nogueira e a abstención de Xosé Manuel Beiras, único deputado do BNG, os socialistas presentarían unha moción de censura para formaren un goberno alternativo ao de Fernández Albor.

Lograron, pois, sacaren adiante a moción de censura, a primeira que trunfaba no Estado español, e formaren un goberno tripartito que duraría até o final da lexislatura en 1990, cando non puideron revalidar a maioría parlamentar malia os bos resultados dos socialistas, obtendo o PP a primeira maioría absoluta da historia de Galiza, con Manuel Fraga como candidato e cos ex-coagas de CdG como parte da coalición electoral.

Para que o novo gabinete da Xunta funcionara con total normalidade constituíuse un órgano de dirección entre os tres partidos chamado Comisión de Coordinación Política, que estaría formada polos líderes dos tres partidos políticos que ían constituír o novo goberno.

Composición centro|206x206px

Goberno de González Laxe

29 de setembro de 1987 - 5 de febreiro de 1990Partido dos Socialistas de GaliciaCoalición GalegaPartido Nacionalista GalegoPresidenciaFernando González LaxeVicepresidenciaXosé Luís Barreiro RivasConsellaría de Presidencia e Administración PúblicaPablo González MariñasConsellaría de Ordenación do Territorio e Obras PúblicasAntolín Sánchez PresedoConsellaría de Traballo e Benestar SocialMiguel Martínez LosadaConsellaría de Economía e FacendaFernando Salgado GarcíaConsellaría de Industria, Comercio e TurismoSantos Oujo BelloConsellaría de Educación e Ordenación UniversitariaJavier Suárez VenceConsellaría de CulturaAlfredo Conde CidConsellaría de SanidadePablo Padín SánchezConsellaría de AgriculturaFrancisco SineiroConsellaría de PescaXosé Rodríguez Peña

1987 Categoría:1987 en Galicia