Sorsele (saami: Suorsán tjeälddie) é un municipio sueco (kommun) do condado de Västerbotten. Atópase no landskap de Lappland. O concello limita ao oeste co municipio de Rana en Noruega, e cos concellos suecos de Arjeplog ao norte, Arvidsjaur ao nordés, Malå e Lycksele ao leste e Storuman ao sur. Sorsele é o segundo municipio sueco con menos habitantes. A súa capital é Sorsele, que é o único núcleo urbano do concello onde en 2015 vivía o 46,7% dos seus habitantes. No ano 2022 a poboación do concello era de 2 455 habitantes.

O concello de Sorsele forma parte dende o 1 de xaneiro de 2010 dunha administración onde a cultura e a lingua saami teñen unha protección especial.

Administración histórica A área do municipio correspóndese coa parroquia de Sorsele onde se fundou o concello rural do mesmo nome cando se aplicou a reforma municipal de 1862 en Lappland en 1874.

A localidade municipal de Sorsele estableceuse o 15 de novembro de 1935 e disolveuse a finais de 1955.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, que tampouco afectou aos condados de Västerbotten e Norrbotten.

O municipio de Sorsele naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do municipio rural de Sorsele.

O concello pertence dende a súa formación ao partido xudicial de Lycksele.

Xeografía O concello de Sorsele atópase no noroeste do condado de Västerbotten e limita ao oeste co municipio noruegués de Rana, e cos suecos de Arjeplog tamén ao norte, Arvidsjaur ao nordés, Malå e Lycksele ao leste e Storuman ao sur.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västerbotten