Rubén Díez Adán, en ocasións coñecido como Jamelli, nado en Zaragoza o 18 de agosto de 1993, é un futbolista español que xoga no Real Zaragoza, da Primeira Federación. Desenvólvese principalmente como mediocampista central, aínda que tamén pode xogar como centrocampista ofensivo.

Traxectoria Nado en Zaragoza, formouse como futbolista no Stadium Casablanca de dita cidade, co que competiu na División de Honra Xuvenil. Na tempada 2012/13 pasou ao Valdefierro, debutando con este conxunto na Tercera División. Alcumado nos seus inicios Jamelli, en referencia ao antigo xogador do Real Zaragoza Paulo Jamelli, nos seguintes anos pasou polo Almudévar, o Ebro, o Deportivo Aragón e o Tarazona, todos eles de Terceira, antes de fichar en 2018 polo Teruel, da Segunda División B. Xogou co equipo turolense ata xaneiro de 2019, cando foi traspasado ao Castellón, da mesma categoría.

Militou no equipo castellonenco durante dúas campañas e media, e na segunda delas logrou o ascenso á Segunda División, contribuíndo con seis goles en 29 partidos. O 12 de setembro de 2020, aos 27 anos, debutou na categoría de prata, ao saír de inicio na vitoria por 1-2 ante a Ponferradina na primeira xornada. Marcou o seu primeiro gol dúas semanas despois, facendo o único tanto do seu equipo no empate 1-1 contra a UD Logroñés. Foi titular en case tódolos partidos da tempada 2020/21, sendo o xogador con máis minutos do equipo, que, con todo, acabou descendendo ao rematar penúltimo. Deixou o club tralo descenso, cun balance de 86 partidos oficiais e 14 goles.

En agosto de 2021 asinou un contrato de catro anos co Tenerife tamén da Segunda División. No equipo adestrado por Ramis, os seus números reducíronse respecto á tempada anterior, sobre todo na segunda volta, pero contribuíu á clasificación para a promoción de ascenso a Primeira, promoción na que non chegou a participar. Para a seguinte campaña non entrou nos plans do técnico, polo que saíu cedido ao Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.

Mostrou un bo nivel de xogo na primeira metade da súa tempada na Coruña, pero acabou baixando o seu rendemento na segunda. Disputou un total de 34 partidos e marcou 3 goles.

Para a tempada 2023/24 foi cedido ao Ibiza, da mesma categoría. Xogou 36 partidos e anotou dous goles, un deles na promoción de ascenso a Segunda, na que o seu equipo caeu ante o Barcelona Atlètic.

No verán de 2024 desvencellouse do Tenerife e asinou como novo xogador do Ceuta, tamén en Primeira Federación. Na súa primeira tempada na cidade autónoma, disputou 37 partidos, 33 deles como titular, e marcou dous goles, contribuíndo ao ascenso do equipo á Segunda División. Na seguinte campaña xogou 29 encontros, todos agás un como titular, e marcou cinco goles, catro deles dende o punto de penalti.

En xuño de 2026, tralo fin do seu contrato, anunciouse o seu regreso á súa cidade natal para fichar polo Real Zaragoza, que viña de descender á Primeira Federación.

Notas

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores da SD Tarazona Categoría:Xogadores do CD Teruel Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da UD Ibiza-Eivissa