1975 (MCMLXXV) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
É declarado Ano Internacional da Muller, auspiciado pola Asemblea Xeral da ONU. 15 de marzo: no Brasil ocorre a fusión do antigo estado de Guanabara co estado do Río de Xaneiro. A cidade do Río de Xaneiro convértese na capital do estado fusionado. 30 de abril: caída de Saigón en mans das forzas comunistas, pondo fin á Guerra do Vietnam. 15 de maio: tras un referendo, o Sikkim incorpórase á India, tornándose un estado desta. 25 de xuño: Mozambique tórnase independente de Portugal. 5 de xullo: Cabo Verde tórnase independente de Portugal. 6 de xullo: as illas Comores tórnanse independentes de Francia. 12 de xullo: San Tomé e Príncipe tórnase independente de Portugal. 12 de agosto: accidente ferroviario entre Bamio e a estación de Vilagarcía de Arousa. Descarrilou un ferrobús que realizaba o percorrido entre Santiago de Compostela e Vigo. Morreron seis persoas e máis de corenta resultaron feridas"Villagarcía de Arosa: cinco muertos al descarrilar un ferrobús" , artigo en La Vanguardia, 13 de agosto de 1975, p. 12.. 16 de setembro: Papúa-Nova Guinea tórnase independente de Australia. 27 de setembro: execución de tres militantes da FRAP (entre eles o galego Xosé Humberto Baena Alonso) e dous militantes de ETA. Son os últimos fusilamentos da ditadura franquista. 8 de novembro: accidente ferroviario entre a estación de Laza e a estación de Vilar de Barrio. O expreso Rías Baixas da liña Madrid-Pontevedra descarrilou no interior dun túnel. Morreron cinco persoas e 9 resultaron feridas"Cinco muertos al descarrilar el tren “Rias Bajas” de Madrid a Vigo", artigo en ABC, 9 de novembro de 1975, p. 43.. 14 de novembro: España abandona o Sáhara Occidental. 20 de novembro: Morre o ditador de España Francisco Franco Bahamonde. 25 de novembro: Suriname tórnase independente dos Países Baixos. 28 de novembro: Timor Leste tórnase independente de Portugal. 7 de decembro: Indonesia invade Timor Leste e mantén a ocupación ata 1999.
Arte e cultura Demolición, tras sonoras protestas, do Edificio Castromil de Santiago de Compostela, obra emblemática do Modernismo galego, da autoría de Rafael González Villar.
Nacementos 3 de xaneiro - Danica McKellar, actriz estadounidense. 29 de xaneiro - Olga Novo, poeta e ensaísta galega. 4 de febreiro - Natalie Imbruglia, actriz e cantante australiana. 22 de febreiro - Drew Barrymore, actriz estadounidense. 15 de marzo - Eva Longoria, actriz estadounidense. 7 de abril - Victoria Beckham, cantante inglesa (Spice Girls) e esposa de David Beckham. 29 de abril - Fábio Luciano, futbolista brasileiro. 2 de maio - David Beckham, futbolista británico. 8 de maio - Eva Mejuto, escritora galega. 8 de maio - Enrique Iglesias, cantante español. 10 de maio - Hélio Castroneves, piloto de automóbiles brasileiro. 18 de maio - Jack Johnson, músico estadounidense.
4 de xuño - Angelina Jolie, actriz estadounidense. 17 de xuño - Ana Paula Arósio actriz e modelo brasileira. 30 de xuño - Ralf Schumacher, piloto de Fórmula 1 alemán. 26 de xullo - Ramón Neto, poeta galego. 28 de xullo - Leonor Watling, actriz e cantante española. 4 de agosto - Harkaitz Cano, escritor vasco. 28 de agosto - Ana Drago, socióloga e política portuguesa. 18 de setembro - Guillermo Vargas, pintor de Costa Rica. 28 de setembro - Nino Khurtsidze, xogadora de xadrez xeorxiana. 5 de outubro - Kate Winslet, actriz británica. 14 de outubro - Alberto Lema, escritor galego. 19 de novembro - Ezequiel Mosquera, ciclista galego. 18 de decembro - Mara Carfagna, política italiana. 26 de decembro - Marcelo Ríos, tenista chileno. 30 de decembro - Tiger Woods, xogador de golf estadounidense.
Mortes 8 de febreiro - Robert Robinson, químico británico, Premio Nobel (n. 1886). 19 de febreiro - Luigi Dallapiccola, compositor italiano (n. 1904). 7 de marzo - Mikhail Bakhtin, crítico literario e lingüista soviético. 13 de marzo - Ivo Andrić, escritor iugoslavo, Premio Nobel de Literatura (n. 1892). 5 de abril - Chiang Kai-shek, militar e estadista chinés. 12 de abril - Josephine Baker, actriz e cantante estadounidense (n. 1906). 13 de abril - N'Garta Tombalbaye, presidente do Chad (n.1918). 19 de abril - Salvatore Satta, xurista e escritor italiano. 21 de abril - Ranieri Mazzilli, presidente brasileiro (n. 1910). 23 de abril - Xesús Ferro Couselo historiador e investigador galego. 5 de maio - Moe Howard, actor estadounidense (n. 1897). 28 de maio - Lung Chien, director e actor chinés (n. 1916). 3 de xuño - Eisaku Sato, primeiro ministro do Xapón, Premio Nobel da Paz (n. 1901). 20 de xuño - Marisa Villardefrancos, escritora galega (n. 1915). 26 de xuño - Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador da Opus Dei (n. 1902). 9 de agosto - Dmitrii Shostakovich, compositor soviético. 12 de agosto - Moncho Reboiras, militante galeguista asasinado pola policía franquista. 12 de agosto - Federico Zamora Mosquera, político e escritor galego (n. 1892). 15 de agosto - Mujibur Rahman, presidente de Bangladesh (n. 1920). 27 de agosto - Haile Selassie, emperador de Etiopía (n. 1892). 29 de agosto - Éamon de Valera, político irlandés (n. 1892). 10 de setembro - George Paget Thomson, físico británico, Premio Nobel (n. 1892). 20 de setembro - Saint-John Perse, escritor francés, Premio Nobel (n. 1887). 28 de setembro - Nieves Fariza, mestra e sindicalista galega (n. 1911).
27 de outubro - Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora (n. 1895).
30 de outubro - Gustav Ludwig Hertz, físico alemán, Premio Nobel de Física (n. 1887). 30 de outubro - Roberto Ouro Vázquez, avogado e político galego (n. 1900).
2 de novembro - Pier Paolo Pasolini, escritor e director de cine italiano (n. 1922).
20 de novembro - Francisco Franco, ditador español dende o 1 de abril de 1939, morreu no Palacio do Pardo.
28 de novembro - Érico Veríssimo, escritor brasileiro (n. 1905). 4 de decembro - Hannah Arendt, filósofa e socióloga alemá (n. 1906).
Premios Nobel Premio Nobel de Física: Aage Niels Bohr, Ben Roy Mottelson e James Rainwater Premio Nobel de Química: John Cornforth e Vladimir Prelog Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina: David Baltimore, Renato Dulbecco e Howard M. Temin Premio Nobel de Literatura: Eugenio Montale Premio Nobel da Paz: Andrei Sakharov Premio Nobel de Economía: Leonid Vitaliyevich Kantorovich e Tjalling C. Koopmans
Día das Letras Galegas dedicado a Xoán Manuel Pintos Villar
Notas
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1975