Non confundir con KK Cedevita ou KK Olimpija. O Košarkarski klub Cedevita Olimpija, usualmente coñecido como KK Cedevita Olimpija ou simplemente Olimpija, é un club de baloncesto profesional con sede en Liubliana, Eslovenia. O club compite na Liga de Eslovenia, na ABA Liga (Liga do Adriático), así como na EuroCup. O club foi fundado en 2019 tras a fusión do club esloveno máis exitoso, o KK Olimpija, e o destacado equipo croata KK Cedevita. O Cedevita Olimpija herdou 70 trofeos dos dous antecesores e as súas licenzas de competición.
Historia O KK Cedevita Olimpija é o resultado da fusión de dous clubs de países veciños, o esloveno Olimpija de Liubliana e o croata Cedevita de Zagreb. A historia do Olimpija remóntase a 1946. O club foi unha das primeiras potencias da Liga Iugoslava con Ivo Daneu liderando a seis títulos domésticos entre 1957 e 1970. Despois da independencia de Eslovenia en 1991, Olimpija gañou dez dos once campionatos entre 1992 e 2002. A nivel europeo tamén gañara a Recopa de Europa na temporada 1993–94, alén de ter disputado en tres ocasións a Final Four da Copa de Europa, a última en 1997 da man Arriel McDonald e Marko Milič. A nivel doméstico, despois da independencia eslovena, o Olimpija conseguiu un total de 17 Ligas e 20 Copas.
Por outra banda, o Cedevita posuía nas súas vitrinas de cinco campionatos de Liga e sete torneos de Copa. O club fora fundado en Zagreb en 1991 como KK Botinec, chegando por vez primeira á máxima categoría en 2002. As súas ambicións do equipo aumentaron cando Atlantic Grupa asumiu a dirección do club en 2005, mudando o seu nome a Cedevita. O Cedevita chegou a debutar na Euroliga na temporada 2012-13.
O 4 de xuño de 2019, anunciouse a intención de ambos clubs de fuisonarse e formar o Cedevita Olimpija, un novo club de baloncesto profesional con sede en Liubliana. O 13 de xuño, os consellos de administración de Cedevita e Olimpija confirmaron o nomeamento de Davor Užbinec como director xeral e Sani Bečirovič como director deportivo, sendo o novo club estabelecido oficialmente o 8 de xullo. O KK Cedevita continuou competindo co nome de Cedevita Junior, regresando á máxima división do baloncesto croata na temporada 2020−21.
Xogadores Dorsais retirados Ambos dorsais retirados corresponden a xogadores do KK Olimpija. N° Xogador Posición Etapa Marko Milič Ala-pivote 1994–1997, 1999–2000, 2006–2009 Ivo Daneu Base 1956–1970
Adestradores Slaven Rimac (2019–2020) Jurica Golemac (2020–presente)
Palmarés Liga Campións (2): 2021, 2022 Copa Campións (1): 2022 Supercopa Campións (2): 2020, 2021
Palmarés herdado Despois da fusión, o novo club obtivo o dereito aos trofeos dos dous clubs predecesores. Honours No. Years Liga de Iugoslavia (1946–1991)OL Campións 6 1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970Liga de Eslovenia (1991–2019)OL Campións 17 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2017, 2018Liga de Croacia (1991–2019)CZ Campións 5 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 Copa de Eslovenia (1991–2019)OL Campións 20 1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2017Copa de Croacia (1991–2019)CZ Campións 7 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019 Supercopa de Eslovenia (2003–2019)OL Campións 8 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2013, 2017Supercopa de Croacia (2011–2015)CZ Campións 2 2011, 2015 Liga do Adriático (2001–2019)OL Campións 1 2002Liga Centro Europea (1992–1994)OL Campións 2 1993, 1994Supercopa do Adriático (2017–2018)CZ Campións 1 2017 Copa Saporta (1966–2002)OL Campións 1 1994 Notas OL Gañado por KK Olimpija Ljubljana (1946–2019) CZ Gañado por KK Cedevita Zagreb (1991–2019)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Eslovenia Categoría:Equipos da Liga do Adriático Categoría:Liubliana