Moisés Presa Esmerode, coñecido como Moisés da Presa, nado en Vigo o 11 de maio de 1904 e morto en Buenos Aires o 4 de xaneiro de 1981, foi un escritor e galeguista.
Traxectoria En 1920, con 15 anos, emigrou cos seus pais a Arxentina. De inclinación galeguista e independentista foi membro de sociedades galegas, estivo presente na formación da Sociedade Nazonalista Pondal (1925) e colaborou na súa revista A Fouce. Na década de 1930 adheriuse á Federación de Sociedades Gallegas, pero pouco despois foi expulsado. Foi membro do Consello de Galiza. Co alcume de Lourenzo Fragoso escribiu para A Nosa Terra de Buenos Aires e tamén colaborou en El Orensano, Opinión Gallega, Vieiros e no boletín do Consello de Galiza. Entre 1942 e 1947 reeditou A Fouce. Visitou Galicia en 1951, e retornou novamente en 1966; na súa estancia en Vigo contactou cos galeguistas da editorial Galaxia. Nos últimos anos integrouse na Hermandad Gallega. En 1972 publicou en Edicións Nós de Buenos Aires o libro de relatos Chuvia... e outras narracións e deixou inédita a novela Historia dunha saudade.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Biografía na Enciclopedia da Emigración
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes