A Cándida e Canónica Orde Premonstratense (oficialmente en latín: Candidus et Canonicus Ordo Praemonstratensis), ou tamén Orde de cóengos premonstratenses, é unha orde relixiosa católica de cóengos regulares de dereito pontificio, fundada por Norberto de Xantenhttp://www.arteguias.com/ordenpremostratense.htm en 1120. A súa vida baséase na Regra de San Agustín.
Nome O seu nome débese ao lugar de orixe, na abadía de Prémontré (Francia). Os relixiosos deste instituto son coñecidos co nome de cóengos brancos, pola cor do seu hábito, ou norbertinos, derivados do seu fundador. En francés os monxes son chamados prémontrés. En castelán coñécense como mostenses, aínda que tamén se adoitan empregar outros nomes como premonstratenses ou norbertinos, en portugués premonstratenses, en alemán Prämonstratenser, en inglés británico Premonstratensians e Norbertines e en Irlanda White Canons. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/32/Marten_Pepijn_-_Norbert.jpg/210px-Marten_Pepijn_-_Norbert.jpg|miniatura|286x286px| O fundador da Orde, Norberto de Xanten (ca. 1080-1134) en reintepretación pictórica posterior. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/84/Praemonstratenser_Hollar_1661.JPG/180px-Praemonstratenser_Hollar_1661.JPG|miniatura|297x297px| Monxe premonstratense|esquerda
Premonstratenses célebres
Norberto de Xanten (ca. 1080-1134), santo, fundador da orde. Foi canonizado polo Papa Gregorio XIII en 1572. Hugo de Fosses (* 1093 - † 1164), beato, segundo abade de Prémontré e superior xeral que deu forma definitiva aos Estatutos. Foi beatificado por Pío XI o 13 de xullo de 1927. Xilberto de Arvernia (m. 1152), santo, fundador e abade do mosteiro de Neufontaines, marido de santa Petronila e pais de santa Ponce (ambas abadesas de Aubeterre, século XII). Foi canonizado polo Papa Bieito XIII en 1725. Johann Zahn, monxe, científico, inventor e escritor do século XVII inventor dunha cámara escura, unha lanterna máxica e unha cámara fotográfica portátil. Václav Prokop Diviš, monxe, científico e inventor de varios artiluxios relacionados coa electricidade, como a máquina meteorolóxica (o primeiro pararraios), o elektrum (unha máquina que produce enerxía estática por fricción) ou o instrumento de corda eléctrica Zlatý Diviš.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
https://www.premontre.org https://www.premontresisters.com
Categoría:Organizacións católicas de Francia