O motor foguete Altair 3, tamén coñecido como Star 20 e TE-M-640-1, foi un motor de propelente sólido desenvolvido por Thiokol. Tiña un impulso específico de 287 segundos, cun pulo de 27,14 KN e unha masa de 28 kg baleiro. Medía 0,50 m de diámetro, funcionando durante 28 segundos. O propelente consistía en CTPB contido nunha carcasa de fibra de vidro e epoxi. A tobeira estaba construída en grafito, plástico e aceiro. Foi usado como última etapa dos foguetes Thor Burner 1, Scout B, Scout B1, Scout D1, Scout E1, Scout F1, Atlas F/MSD, Scout G1 e Atlas E/MSD.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Thor Burner 1 Scout B Scout B1 Scout D1 Scout E1 Scout F1 Atlas F/MSD Scout G1 Atlas E/MSD
Categoría:Motores foguete