O tetróxido de dinitróxeno, referido tamén como tetróxido de nitróxeno, é un composto químico de fórmula N2O4. É un axente reactivo útil en síntese química. Forma un equilibrio de mestura co dióxido de nitróxeno. A súa masa molar é de 92,011 g/mol.
O tetróxido de dinitróxeno é un oxidante moi potente. É hipergólico (reacciona espontaneamente) en contacto con varias formas de hidracina, formando xuntos unha combinación de propelente para foguetes.
Estrutura e propiedades O tetróxido de dinitróxeno pode considerarse como a unión de dous grupos nitro (-NO2). Mantensen en equilibrio de mestura co dióxido de nitróxeno. A molécula é plana cunha distancia de ligazón entre nitróxenos de 1,78 Å e entre nitróxenos e osíxenos de 1,19 Å. A distancia entre N-N correspóndese cunha ligazón débil ao ser significativamente maior que a ligazón media entre nitróxenos soltos, de 1,45 Å. Isto resulta na deslocalización simultánea do par de electróns de ligazón ó longo de toda a molécula e unha repulsión electrostática considerable dos orbitais moleculares doblemente ocupados de cada NO2.
A diferenza do NO2, o N2O4 é diamagnético ao non ter electróns desaparelladosHolleman, A. F.; Wiberg, E. "Inorganic Chemistry" Academic Press: San Diego, 2001. .. O líquido é incoloro pero podo adquirir tons marróns e amarelos debido á presenza de NO2.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Foguete Propelente hipergólico
Categoría:Astronáutica Categoría:Compostos químicos Categoría:Propelentes