Heterocarpus é un xénero de camaróns, chamados camaróns nailon,A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 30 de xuño de 2022. de auga profunda, principalmente das augas tropicais.
Descrición Heterocarpus caracterízase por teren os seus membros un segundo par de pereiópodos moi desiguais, dun lado é fino e longo, e do outro curto e forte, ademais de posuíren na casca unha ou máis carenas lonxitudinais.
Especies Describíronse unhas 30 especias neste xénero, sendo Heterocarpus ensifer a especie tipo. Estas son:
Heterocarpus abulbus Yang, Chan & Chu, 2010 Heterocarpus affins Faxon, 1893 Heterocarpus alexandri A. Milne-Edwards, 1883 Heterocarpus amacula Crosnier, 1988 Heterocarpus calmani Crosnier, 1988 Heterocarpus chani Li, 2006 Heterocarpus corona Yang, Chan & Chu, 2010 Heterocarpus cutressi Monterossa, 1988 Heterocarpus dorsalis Bate, 1888 Heterocarpus ensifer A. Milne-Edwards, 1881 Heterocarpus inopinatus Tavares, 1999 Heterocarpus intermedius Crosnier, 1999 Heterocarpus gibbosus Bate, 1888 Heterocarpus grimaldii A. Milne-Edwards & Bouvier, 1900 Heterocarpus hayashii Crosnier, 1988 Heterocarpus hostilis Faxon, 1893 Heterocarpus laevigatus Bate, 1888 Heterocarpus lepidus De Man, 1917 Heterocarpus longirostris McGilchrist, 1905 Heterocarpus neisi Burukovsky, 1986 Heterocarpus oryx A. Milne-Edwards, 1881 Heterocarpus parvispina Crosnier, 1988 Heterocarpus reedi Bahamondi, 1955 Heterocarpus sibogae De Man, 1917 Heterocarpus signatus Rathbun, 1906 Heterocarpus tenuidentatus Crosnier, 2006 Heterocarpus tricarinatus Alcock & Anderson, 1894 Heterocarpus unicarinatus Borradeile, 1915 Heterocarpus woodmasoni Alcock, 1901 Heterocarpus vicarius Faxon, 1893
Ecoloxía thumb|Heterocarpus ensifer tras cuspir fluído bioluminescente.
Moitos camaróns Heterocarpus son coñecidos por empregar bioluminescencia como defensa contra os seus depredadores. Os estudos sobre a súa alimentación, e o feito de que poden ser encontrados no estómago dalgunhas quenllas peláxicas e outros peixes interprétase como que teñen hábitos bentónicos, desprazándose á columna de auga pola noite. Algunhas especies deste xénero teñen alto valor comercial, como H. reedi e H. laevigatus.
Notas
Categoría:Carideos