miniatura|Dous Boeing 747 de Air France Air France (AFR, Compagnie Nationale Air France) é a aeroliña nacional francesa. Ten a súa sede en Tremblay-en-France, ao norte de París, e trátase dunha das aeroliñas máis grandes do mundo. No ano 2010 voaba a 32 destinos en Francia e a 156 de todo o mundo en 91 países distintos, transportando a 71,3 millóns de pasaxeiros. Air France ten máis de 64.000 empregados. É un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas SkyTeam Alliance, xunto a Aeroflot, Delta Air Lines, Aeroméxico, Korean Air, Czech Airlines e Alitalia. No ano 2004, Air France situouse como a primeira aeroliña europea, cun 18% de todos os pasaxeiros europeos.
Historia Air France foi fundada o 30 de agosto de 1933, produto da fusión de Air Orient, Compagnie Générale Aéropostale, Société Générale des Transports Aériens (SGTA, a primeira aeroliña francesa, fundada en 1919 como Lignes Aériennes Farman), Air Union e Compagnie Internationale de Navigation (CIDNA). A aeroliña tiña numerosas rutas por toda Europa, aínda que tamén voaba ás colonias francesas no norte de África e a outros destinos. Durante a segunda guerra mundial a compañía moveu o seu centro de operacióna a Casablanca (Marrocos).
En 1936 Air France incorporou á súa frota o avión bimotor de fabricación francesa Potez 62, que contaba cunha cabina con dous compartimentos que podía acomodar de 14 a 16 pasaxeiros. Era un monoplano de á alta con fuselaxe de madeira e revestimento composto, mentres que as ás tiñas revestimento de tela é un bordo de ataque metálico. Estaba equipado con motores Hispano-Suiza V e usáronse para rutas en Europa, Suramérica e Extremo Oriente. Aínda que a súa velocidade de cruceiro era só de 280 km/h, o Potez 62 foi un aparello robusto e fiable para Air France e estivo en servizo ata a segunda guerra mundial, sendo un usado pola Forza Aérea da Francia Libre.
A aeroliña foi nacionalizada no ano 1946, creando a Compagnie Nationale Air France nun acto parlamentario o día 16 de xuño de 1948. O goberno quedou co 70% da nova compañía e en anos posteriores, directa ou indirectamente, chegou a posuir case o seu 100%; a mediados de 2002 aínda posuía un 54%. O 4 de agosto de 1948, Max Hymans foi nomerado presidente de Air France. Durante os seus trece anos na presidencia puxo en funcionamento unha política de modernización baseada en reactores, máis concretamente no Sud Aviation Caravelle e o Boeing 707.
O 1 de xullo de 1946 Air France inaugurou un servizo directo entre París e Nova York, con reabastecementos en Shannon e Gander. Os Douglas DC-4 cubrían esta ruta en pouco menos de 20 horas. Cara 1948 Air France operaba unha das maiores frotas no mundo, posuíndo unhas 130 aeronaves.
En 1949 a compañía participou na fundación da SITA (Société Internationale de Télécommunications Aéronautiques). A aeroliña usou o de Havilland Comet por un curto período de tempo en 1953, pero foi rapidamente substituído polo Vickers Viscount e, en 1959, comezou a usar o elegante Sud Aviation Caravelle.
En 1976 Air France introduciu na súa frota o avión supersónico Concorde nun traxecto dende París ata Nova York e outras rutas que foron abandonadas en 1982. O Concorde foi un dos dous únicos avións de pasaxeiros comercial supersónico. Percorría a distancia entre París e Nova York en tan só tres horas e 20 minutos.
O 25 de xullo de 2000 o voo 4590 de Air France, un Concorde con destino ao Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York estrelouse matando a todos os seus ocupantes e a catro persoas que estaban en terra.
O 31 de maio de 2003 Air France e British Airways retiraron todos os Concorde simultaneamente da circulación debido á escasa demanda como resultado do desastre do ano 2000. Moitos destes avións depositáronse en museos.
O 30 de setembro de 2003, Air France e a compañía neerlandesa KLM Royal Dutch Airlines, anunciaron a fusión de ambas as aeroliñas, formando unha nova compañía chamada Air France-KLM. A unión faríase realidade o 5 de maio do 2004. Os donos de Air France pasaron a ter o 81% da nova compañía, deixando o 19% restante aos donos de KLM. Isto levou a que o goberno francés reducise a súa participación na compañía dun 54,4% a un 44%. A decisión do goberno de Jean-Pierre Raffarin de reducir a súa participación na compañía provatizou efectivamente á aeroliña. En decembro do 2004 o estado vendería o 18,4% das súas acción, e porteriormente a súa participación reduciríase máis ata caer por debaixo do 20%"Directory: World Airlines". Flight International: pp. 56–57. 27 de marzo de 2007..
Air France-KLM converteuse na aeroliña do mundo con máis ingresos por operacións, e a terceira máis grande (a primeira de Europa) en pasaxeiros por quilómetro.
Frota
Actual En novembro de 2020 a frota de Air France estaba formada polos seguintes avións:
Frota de pasaxeiros de Air FranceAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasFBE+ETotalAirbus A220-300—60———149149As entregas comezarán en setembro de 2021.Substituirán aos A318 e A319.Airbus A318-10018————131131Van ser retirados en 2021.Substituídos por Airbus A220-300.18113131Airbus A319-10033————14214214314320123143Airbus A320-20044——14—144168Dous coa librea de SkyTeam.—17417436138174—178178Airbus A321-1005————212212Procedentes de Air Inter.Airbus A321-20015————200200Un coa librea de SkyTeam.—21221236176212Airbus A330-20015——3621167224Airbus A350-900632—3424266324Substituirán aos Boeing 777-200ER máis antigos.Boeing 777-200ER25——4024216280Algúns serán substituídos por Airbus A350.Boeing 777-300ER43—45828206296Cliente de lanzamento.Tres coa librea de SkyTeam.38252322—422431538114324224681428430472Boeing 787-910——3021225276Frota de carga de Air FranceBoeing 777F2—CargaCliente de lanzamento.Total21692
Histórica Ao longo da súa historia Air France tamén operou os seguintes modelos: + Frota histórica de Air FranceAviónTotalIntroducidoRetiradoSubstitutoNotasRefsAérospatiale/BAC Concorde719762003NingúnAirbus A300B2-100919741996Airbus A330-200Airbus A300B4-2001619761998Airbus A330-200Airbus A310-200719842002Airbus A330-200Airbus A310-300419892002Airbus A330-200Airbus A320-1001419882008Airbus A320-200Airbus A340-200619931999Airbus A340-300Airbus A340-3001519932020Boeing 787-9Airbus A380-8001020092020Airbus A350-900Retirados antes de tempo debido á pandemia da COVID-19.Amiot AAC.1 Toucan(Junkers Ju 52/3m)1119451953Boeing 707-320B819601982Airbus A300Boeing 707-320C1219601984Airbus A310Boeing 707-320 Intercontinental2119591979Airbus A300Boeing 727-2002919681992Airbus A320-200Boeing 737-2002419822002Airbus A320-200Boeing 737-300919912004Airbus A320-200Boeing 737-5003019902007Airbus A320-200Boeing 747-1001719702000Airbus A330-200Boeing 747-200B219772005Boeing 747-400Airbus A330-200Boeing 747-200F1119742003Boeing 747-400ERFBoeing 747-200M1619772005Boeing 747-400MBoeing 747-200M/SUD219922007Boeing 747-400MMecados a Union des Transports Aériens.Convertidos a partir de dous 747-200M.Boeing 747-300319912007Boeing 747-400Airbus A330-200Mercados a Union des Transports Aériens.Boeing 747-300M119912007Boeing 747-400Boeing 747-4001019912016Airbus A380-800Boeing 777-300ER4Convertidos en cargueiros e transferidos a Air France Cargo.Boeing 747-400BCF420092011Boeing 777FConvertidos a partir de avións de pasaxeiros 747-400.Boeing 747-400ERF620022015Boeing 777FBoeing 747-400M319922012Boeing 777-300ERBoeing 767-200ER219911992NingúnBoeing 767-300ER819912003Airbus A330-200Bréguet 763 Deux-Ponts1219521971de Havilland Comet319531954Vickers Viscount 700Douglas DC-38119461962Douglas DC-44519461971Douglas DC-6219491968Fokker F27 Friendship1719671997Fokker F28 Fellowship619771995Alugados a TAT European AirlinesFokker 100619971999Junkers Ju 52/3m19451953Latécoère 63141947Tres avións perdéronse e accidentes, os F-BDRC e F-BDRD en 1948, pesumiblemente por fatiga do metal,e o outro en 1950, polo que Air France operou só un Latécoère 631 como cargueiro ata principios dos 50.Lockheed L-049 Constellation419461950Lockheed L-1049 Super ConstellationLockheed L-749 Constellation2419471961Lockheed L-1049 Super ConstellationLockheed L-1049 Super Constellation2419531968Lockheed L-1649A StarlinerLockheed L-1649A Starliner819571963Boeing 707Lockheed L-1011 TriStar119891991Alugado a Air Transat.McDonnell Douglas DC-10-30519921995Mercados a Union des Transports AériensSNCASE SE.161 Languedoc4919451952Sud-Ouest BretagneSud Aviation Caravelle5019591981Boeing 727-200Transall C-160419731991Vickers Viscount 7001619531962De 1967 a 1968 alugáronse catro Viscount a British Eagle.
Notas
Ligazóns externas Páxina de Air France en varios idiomas
Categoría:Aeroliñas de Francia Categoría:SkyTeam Categoría:Aeroliñas nacionais