Horatio Chapin Burchard, nado en Marshall, Nova York, o 22 de setembro de 1825 e finado en Freeport, Illinois, o 14 de maio de 1908, foi un avogado, político estadounidense, membro da Cámara de Representantes por Illinois, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, membro do Instituto Internacional de Estatística e pai do Índice de Prezos ao Consumo (IPC).

Traxectoria

Primeiros anos e formación Burchard naceu o 22 de setembro de 1825 en Marshall, condado de Oneida, Nova York, fillo de Frances Chapin e do diácono Horatio Burchard. En 1838, a familia trasladouse inicialmente a Aurora, Nova York, e logo a Beloit, Wisconsin, e en ambos os lugares estudou en diversas escolas públicas e privadas.Raum, Green (1900).

En 1847 ingresou no Hamilton College, de Clinton, Nova York, onde se graduou en 1850. Cursou estudos de Dereito e foi admitido no Colexio de Avogados en 1852 para exercer nos tribunais de Wisconsin, para o que se asociou con J. W. Stewart. Logo de compaxinar o dereito cos labores de docente e de topógrafo para unha liña de ferrocarril, Burchard trasladouse a Freeport, Illinois, en 1853, onde estableceu a súa residencia e comezou a exercer a avogacía de xeito estable."Burchard, Horatio Chapin. 1825 - 1908". Biographical Directory of the United States Congress.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 146.

Carreira política No ámbito da política, Burchard adheriuse ao Partido Republicano. En 1858 foi delegado na convención estatal republicana en Springfield e formou parte da Cámara de Representantes do Estado de Illinois entre 1863 e 1866. O 6 de decembro de 1869 resultou elixido como representante republicano no cuadraxésimo primeiro Congreso polo digalenastrito de Galena, inicialmente para cubrir a vacante deixada por E. B. Washburne, e logo foi reelixido catro veces máis, polo que exerceu este cargo ata o 3 de marzo de 1879.

Durante o seu período na Cámara de Representantes foi membro do poderoso Comité de Medios e Arbitrios, no seo do cal presidiu o Subcomité de Ingresos Internos, que promoveu e debateu a primeira lei que propuña un imposto sobre a renda en tempos de paz.

Director da Casa da Moeda Logo dun infrutuoso intento de reelección en 1878, o 5 de marzo do ano seguinte foi nomeado director da Casa da Moeda dos Estados Unidos polo presidente Rutherford B. Hayes, e Chester A. Arthur confirmouno no cargo en febreiro de 1884. O 30 de xuño de 1885 presentou a súa dimisión para retomar o exercicio da avogacía.Forrer, L. (1904). miniatura|Retrato de Horatio C. Burchard (ca. 1860-1865) Como director da Casa da Moeda, Burchard propuxo a suspensión da cuñaxe do dólar de ouro, xa que a moeda era demasiado pequena para o seu uso monetario e estaba xa practicamente fóra da circulación, e tamén se lle instou á derrogación da lei que autorizaba a cuñaxe dos dólares de comercio. Así mesmo, dirixiu a emisión da serie do de moedas de prata do dólar de Hawai de 1883.

Durante o seu mandato na US Mint, Burchard ingresou no Instituto Internacional de Estatística, e en 1900 foi o supervisor do censo do terceiro distrito de Illinois e creou o Índice de Prezos ao Consumo (IPC), unha ferramenta moi manexada posteriormente nos negocios e na economía."From 1885 to 2020: 135th Anniversary of the ISI and its Founding Members". International Statistical Institute.

Na súa condición de exdirector da ceca pública, Burchard foi membro das Comisións de Ensaios dos Estados Unidos de 1894, 1895, 1901 e 1903.Smith, P. (2012).

Volta á avogacía En 1885 dimitiu do seu posto de director da ceca pública para exercer novamente a avogacía en Freeport, e foi membro da comisión encargada da revisión das leis de ingresos do Estado en 1885 e 1886. Tamén foi o encargado do xurado dos premios do departamento da minaría da Exposición Universal de Chicago de 1893.

Vida persoal Burchard casou o 15 de maio de 1861 con Jane Lawver, de Lena, Illinois, finada en 1892, coa que tivo un único fillo.

Faleceu en Freeport, Illinois, o 14 de maio de 1908, ao 82 anos de idade, e foi soterrado no cemiterio de Oakland."Horatio Chapin Burchard". Findagrave.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Forrer, L. (1904). "Burchard, Horatio C." En Biographical dictionary of medallists. Vol. I. Spink & Son, Londres. Páxina 311. Raum, Green (1900). "Horatio Chapin Burchard". En History of Illinois Republicanism. Rollins Publishing, Chicago. Páxinas 364-366. Smith, P. (2012). "Burchard, Horatio Chapin". En American Numismatic Biographies. Páxina 59.

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Nados en 1825 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Nados no condado de Oneida, Nova York Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos Categoría:Membros da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América Categoría:Políticos do Partido Republicano dos Estados Unidos de América