O distrito de Hersfeld-Rotemburg (en alemán: Landkreis Hersfeld-Rotenburg) é un Landkreis (distrito rural) alemán da rexión de Kassel, no Land de Hessen.

O dsitrito actual está formado pola fusión dos antigos distritos de Bad Hersfeld e Rotemburg.

A capital adminiatrativa do distrito é a cidade de Bad Hersfeld.

Xeografía O distrito comprende os vales medios, Fuldatal, do río Fulda.

Situado a unha altittude media de 197 msnm, ocupa unha superficie de 1 097,15 km².

Segundo o censo de 31 de decembro de 2020, a súa poboación era de 120 304 habitantes,Statistik.Hessen . polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 110 hab./km².

Composición do distrito (O número de habitantes indicado é do censo do 30 de xuño de 2006). Cidades 1. Bad Hersfeld (30.524) 2. Bebra (14.570) 3. Heringen (7.914) 4. Rotemburg (14.072) Municipios

1. Alheim (5.290) 2. Breitenbach am Herzberg (1.919) 3. Cornberg (1.619) 4. Friedewald (2.470) 5. Hauneck (3.329) 6. Haunetal (3.183) 7. Hohenroda (3.374) 8. Kirchheim (3.937) 9. Ludwigsau (5.930) 10. Nentershausen (3.053) 11. Neuenstein (3.154) 12. Niederaula (5.526) 13. Philippsthal (Werra) (4.439) 14. Ronshausen (2.505) 15. Schenklengsfeld (4.714) 16. Wildeck (5.169)

Historia En 1821 creáronse os distritos en Hessen, incluíndo os distritos de Hersfeld e de Rotemburg, que permaneceron case inalterados (excepto nun breve período despois da revolución de 1848, cando foron disoltos cando de produciu a anexión de Hessen-Kassel por Prusia e a creación do estado de Hessen. En 1972 ambos os distritos fusionáronse nun só.

Esudo de armas O seu escudo de armas é unha combinación dos dous escudos dos dous distritos precursores. A cruz da metade esquerda está tomada da abadía de Hersfeld; a rama de tilo está tomada das armas da cidade de Rotemburg.

Cidades irmandadas Działdowo, Polonia Hyvinkää, Finlandia

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial . Tourismus im Landkreis Hersfeld-Rotenburg .

Categoría:Distritos de Alemaña Categoría:Hessen