César Manuel Fernández Gil, nado en Ribadavia en 1979, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en Filosofía. Nas municipais de 2011 concorreu como número 4 da candidatura do PPdeG en Ribadavia, sendo elixido concelleiro, pasando a ser portavoz municipal. En 2013 foi nomeado asesor de cultura da Deputación de Ourense.«O exercicio 2014 recuperará o plan cultural para os concellos» Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG en Ribadavia, continuando como segunda forza política tralo PSdeG e como portavoz municipal. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi elixido deputado. Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e foi a forza máis votada, aínda que lonxe da maioría absoluta, sendo elixido alcalde ante a falta de acordo entre o PSdeG e Ribeiro en Común, renunciando por tanto como deputado autonómico. Foi designado deputado provincial. O 23 de febreiro de 2021 perdeu a alcaldía logo dunha moción de censura apoiada polo PSdeG-PSOE e Ribeiro en Común.Noelia Rodríguez se estrena como alcaldesa: «Non permitirei que Ribadavia reciba menos do que lle corresponde» Tras perdela alcaldía foi nomeado vicepresidente segundo da Deputación de OurenseBaltar nombra vicepresidente segundo de la Diputación al exalcalde de Ribadavia. Nas municipais de 2023 recuperou a alcaldía con maioría absoluta, sendo a primeira vez que algúen a conseguía en Ribadavia. Foi novamente designado deputado provincial e continuou como vicepresidente segundo da Deputación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadavia

Ligazóns externas Cesar Fernández: “Nada justifica ningún movimiento para quitarnos el gobierno"

Categoría:Alcaldes de Ribadavia

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Ribadavia

Categoría:Nados en 1979