Gabbro é unha pequena vila na Toscana, en Italia central, que administrativamente é unha frazione (fracción xeográfica ou entidade local menor) do comune (concello) de Rosignano Marittimo, provincia de Livorno. No censo de 2011 a súa poboación era de 898 habitantes.

A vila está situada a unha altura de 204 m sobre o nivel do mar e a uns 12 km de distancia de Livorno e a 10 km de Rosignano Marittimo.

Por esta vila déuselle nome á rocha magmática gabro.Bortolotti, V. et al. Chapter 11: Ophiolites, Ligurides and the tectonic evolution from spreading to convergence of a Mesozoic Western Tethys segment in F. Vai, G.P. and Martini, I.P. (editors) (2001) Anatomy of an Orogen: The Apennines and Adjacent Mediterranean Basins, Dordrecht, Springer Science and Business Media, p. 152.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Concellos da provincia de Livorno