miniatura|180px| 55px 70px miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Bolivia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Bolivia ratificou a convención o 4 de outubro de 1976, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: departamentos de Bolivia Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización (departamento) Ano da inclusión 01Potosí200px|Departamento de Potosí 1987 420; ii, iv, vi (cultural)02Misións xesuítas de Chiquitos200px|Departamento de Santa Cruz 1990 529; i, iv (cultural)03Cidade histórica de Sucre200px|Departamento de Chuquisaca 1991 566; iv (cultural)04Forte de Samaipata200px|Departamento de Santa Cruz 1998 883; ii, iii (cultural)05Tiahuanaco200px|A Paz 2000 567; iii, iv (cultural)06Parque Nacional de Noel Kempff Mercado200px|Departamento de Santa Cruz 2000 967; ix, x (natural)07Camiños do Inca*200px| Varios, compartido con 2014 1459; ii, iii, iv, vi (cultural)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país