Angela K. Wilson é unha química, teórica e computacional estadounidense. É catedrática distinguida John A. Hannah de química na Universidade do estado de Míchigan .
En 2021 foi elixida presidenta da Sociedade Americana de Química (ACS polas siglas en inglés) polos membros da ACS.
Traxectoria En 1990 recibiu a súa licenciatura en Ciencias pola Eastern Washington University e o seu doutoramento pola Universidade de Minnesota en 1995. Traballou como bolseira posdoutoral no Pacific Northwest National Laboratory de 1995 a 1997. Anteriormente exerceu como Vicepresidenta Provincial Asociada na facultade da Universidade do Norte de Texas antes de unirse á Universidade Estatal de Míchigan en 2016. Foi directora da División de Química da National Science Foundation de 2016 a 2018.
É editora de Theoretical and Computational Chemistry, membro do comité asesor editorial de Scientific Reports e membro dos consellos asesores editoriais do Journal of Physical Chemistry e do International Journal of Quantum Chemistry.
Editou catro libros, entre eles Pioneers of Quantum Chemistry.
Premios e recoñecementos
Premio NSF CAREER, 2003. Distinguished Women in Chemistry or Chemical Engineering, International Union of Pure and Applied Chemistry, 2013. Medalla Garvan-Olin, 2015. Salón da fama das mulleres de Míchigan, 2018.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Minnesota Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América