GZ Nación, tamén denominado GZnación.com, foi un xornal dixital galego de liña editorial nacionalista. Publicouse entre os anos 2006 e 2010.
Historia Comezou a se publicar en decembro de 2006. No ano 2008 chegou a editar un número en papel.
En 2009 a empresa editora, Carrumeiro Media S. A., desfíxose de tódolos traballadores por mor da caída de negocio após a saída do goberno do Bipartito. O diario mantívose até 2010, momento en que desapareceu canda proxectos históricos de comunicación en galego como Vieiros, A Nosa Terra e Galicia Hoxe, na que foi a etapa negra do xornalismo galego.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina do 7 de decembro de 2006 en Internet Archive.
Categoría:Xornais electrónicos Categoría:Xornais en lingua galega Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos