Caio César, ou Gaio César,En latín, C. Caesar. A forma "Caius" é empregada por Roldán,​ Everitt ​ou Barrett;​ a forma "Gaius, aparece en Southern ​ou Syme.​ No PIR, dáselle o nome de C. Iulius Caesar.​ nado como Caio Vipsanio Agripa (en latín, Gaius Vipsanius Agrippa) en Roma o 20 a. C. e finado en Limira, Licia, o 21 de febreiro do 4 d. C., foi un neto e herdeiro ao trono do emperador romano Augusto, xunto ao seu irmán máis novo Lucio César. Aínda que era fillo de Marco Vipsanio Agripa e Xulia, a única filla de Augusto, Caio e mailo seu irmán máis novo, Lucio César, foron criados polo seu avó como fillos adoptivos e coherdeiros do imperio.

Experimentou unha carreira política acelerada propia dun membro da dinastía Xulio-Claudia, co Senado romano permitíndolle avanzar na súa carreira sen ocupar antes unha cuestura ou pretura, cargos que os senadores comúns debían ocupar como parte do cursus honorum.

No 1 a. C., Caio recibiu o mando das provincias orientais, tralo cal concluíu un tratado de paz co rei Fraates V de Partia nunha illa do Éufrates. Pouco despois, foi nomeado como cónsul para o ano seguinte, 1 d.C. e o ano posterior ao do consulado de Caio, Lucio morreu en Massalia no mes de agosto. Aproximadamente dezaoito meses despois, Caio morreu dunha enfermidade en Licia. Estaba casado coa súa prima segunda Livila pero non tiveron fillos. No ano 4, trala morte de Caio e Lucio, Augusto adoptou ao seu fillastro, Tiberio, así como ao seu único neto sobrevivente, Póstumo Agripa. Contexto O pai de Lucio, Marco Vipsanio Agripa, foi un dos primeiros partidarios de Augusto (entón "Octavio") durante a Guerra Final da República Romana que se producira como resultado do asasinato de Xulio César no 44 a. C. Foi un xeneral clave nos exércitos de Augusto, comandando tropas en batallas fundamentais contra Marco Antonio e Sexto Pompeio. Desde o inicio do reinado do emperador, confiou en Agripa para xestionar os asuntos das provincias orientais e mesmo recibiu o anel de selo de Augusto, quen aparentemente estaba no seu leito de morte no 23 a. C., coa probable intención de que se había converter en princeps se Augusto morrese e que gobernase ata que o sobriño do emperador, Marco Claudio Marcelo, chegase á maioría de idade. Porén, Marcelo morreu por unha enfermidade que se estendera por toda a cidade de Roma ese ano.Bunson (2002), p. 10Southern (2013), p. 203.Dunstan (2010), p. 274.

Cando Marcelo morreu, Augusto acordou o casamento de Agripa coa súa filla, Xulia a Maior, que antes fora a esposa de Marcelo. Agripa recibiu o poder tribunicio ("tribunicia potestas") no 18 a. C., un poder que só o emperador e o seu herdeiro inmediato podían esperar acadar. O poder tribunicio permitiulle controlar o Senado, e fora cedido por primeira vez a Xulio César. Agripa actuou como tribuno no Senado para aprobar unha lexislación importante e, aínda que carecía de parte do poder e da autoridade do emperador, estaba aproximándose á posición de correxente.Rowe (2002), pp. 52–54.

Traxectoria miniatura|240x240px|Busto de Marco Vipsanio Agripa, pai de Caio César.|esquerda Familia e vida temperá Caio César naceu no 20 a. C., e foi o fillo primoxénito do matrimonio formado por Marco Agripa e Xulia a Maior.

Caio formaba parte da dinastía Xulio-Claudia, e estaba emparentado con tódolos futuros emperadores desa dinastía. Por parte da súa nai, era o neto máis vello do emperador Augusto. Foi fillastro de Tiberio polo matrimonio da súa nai, Xulia, con el, e cuñado de Claudio polo matrimonio da súa irmá Agripina a Maior con Xermánico. Tamén foi tío de Calígula, que era fillo da súa irmá Agripina. O último emperador da dinastía foi Nerón, que era o sobriño bisneto de Caio e neto de Xermánico. No seu aniversario foille concedido, por decreto, un sacrificio anual.Dión Casio, ROMAN HISTORY, LIV.8.5

No 17 a. C. naceu o seu irmán Lucio e, nese momento, Augusto adoptou inmediatamente tanto a un coma a outro, por medio dunha venda simbólica por parte de seu pai, e nomeounos a ámbolos dous os seus herdeiros (persoais).Dión Casio, ROMAN HISTORY, LIV.18.1 Descoñécese o que opinaba o seu pai da adopción. O seu pai adoptivo iniciounos na vida administrativa cando aínda eran moi novos, e enviounos ás provincias como cónsules electos. Augusto se preocupou de formalos e así ensinou a Caio e Lucio a ler, a nadar e os demais elementos da educación, esforzándose especialmente para adestralos para que imitasen a súa propia caligrafía, principalmente por si mesmo. Pouco despois da súa adopción no verán, Augusto celebrou os quintos Ludi Saeculares ("Xogos Seculares"). A adopción dos rapaces unida aos xogos serviron para introducir unha nova era de paz: a Pax Augusta. Aos poucos, durante unha representación teatral, foi aclamado polo público.​Everitt tan só cita a Caio mais Suetonio indica que estaba co seu irmán Lucio. Tiberio, que presidía a obra, premiouno permitindo que se sentara a carón dos seu avó Augusto en vez de facelo el que era quen tiña designado o asento. Tamén ese ano, o 17 a. C., a súa familia marchou á provincia de Siria, porque Agripa recibiu o mando das provincias orientais con imperium maius proconsular. ​

miniatura|Denario con Caio e Lucio César, de pé, termando dos escudos e lanzas entre eles. En medio, na parte superior, un simpulum e un lituus.

Catro anos máis tarde, no 13 a.C., cando contaba con apenas sete, Caio participou con outros mozos, como era tradición entre as familias patricias, nos xogos troianos para a inauguración do Teatro de Marcelo. Tamén no 13 a.C., Agripa e Augusto regresaron a Roma. e, pouco despois, Augusto enviou a Agripa a Panonia a finais do 13 para reprimir unha rebelión; mais cando Agripa chegou aló ese inverno (no 12 a.C.), os panónicos xa volveran á calma. Daquela, Agripa volveu a Campania en Italia, onde caeu enfermo e morreu pouco despois.Dión Casio, ROMAN HISTORY, LIV.28.1–2A morte de Agripa no 12 a. C., converteu a sucesión de Augusto nun problema urxente pero os áureos e os denarios emitidos entre 13 e 12 a.C. deixaron claros os plans dinásticos do emperador para Caio e Lucio. Como Agripa xa non estaba dispoñible para asumi-la as rendas do poder se o emperador morrese, Augusto tivo que deixar claro quen eran os seus pretendidos herdeiros no caso de que pasase algo.

Como Caio e mailo seu irmán; Lucio, foran adoptados por Augusto, precisaban formación militar para presentarse capacitados como futuros emperadores polo que, Augusto, levouno canda el ao partir á Galia para supervisar a campaña xermana de TiberioEsta campaña realizouse entre o 9 e o 7 a. C., segundo Everitt, ​ ou entre o 8 e o 6 a. C., segundo Roldán.​ buscando que o rapaz adquirise experiencia militar. Así, Caio, acompañou a Tiberio na súa campaña contra os sicambres no 8 a. C. O ano anterior, o irmán de Tiberio, Druso o Vello, morrera cando regresaba dunha campaña a través do Rin, polo que Tiberio recibiu o mando de Xermania e levou a cabo dúas campañas a través do Rin nos anos 8 e 7 a. C. Marchou co seu exército entre o Elba e o Rin, e atopou pouca resistencia, agás dos Sicambres. Tiberio estivo a piques de exterminalos e fixo que os que sobreviviron fosen transportados á beira romana do Rin, onde podían ser controlados máis de preto.

Carreira Carreira política temperá No proceso de dalos a coñecer como herdeiros, as súas aparicións e a recepción de honores foi continua e o apoio romano ao novo príncipe estendeuse pronto por Italia,CIL XI, 3040

Así, no 7 a. C., Caio e mailo seu irmán apareceron vestidos de negro nos xogos funerarios en honra de seu pai. No ano seguinte, 6 a. C., Augusto presentouse ao consulado para presidi-la maioría de idade de Caio. Porén, de xeito inesperado, o pobo nos Comitia Centuriata elixiu tamén a Caio como cónsul, mais Augusto vetou a súa elección; se ben accedeu a que fose elixido cónsul designatus coa intención de que asumise o consulado para el ano 1 a. C.​ ao cumprir os seus vinte anos.> Ao ano seguinte, Augusto converteuno en pontifex e lle concedeu o dereito de asistir ás reunións do Senado e sentar nos asentos reservados a senadores nos espectáculos e nos banquetes públicos.Dión Casio, ROMAN HISTORY, LV.9 En cada distrito colocáronse estatuas e inscricións para conmemorar o feito de que fora nomeado cónsul cunha idade sen precedentes de catorce anos. Despois de ser designado cónsul, permitíuselle da-la a súa opinión no Senado. Igualmente, seu irmán Lucio, tres anos menor que el, recibiu os mesmos honores despois de que transcorrese o intervalo axeitado.

No ano 5 a. C., cando cumpriu a idade militar, asumiu a toga virilis e foi presentado por Augusto no Senado que lle concedeu o título de princeps iuventutis ("líder da mocidade") e o dereito a servir nunha turmae (como comandante dunha división de cabalería). No ano 2 a. C., presidiu os xogos que inauguraban o templo de Mars Ultor (Marte Vingador) e o novo Foro de Augusto.miniatura|Caio César|esquerda Conflito en Armenia

Orixe: a sucesión de Herodes miniatura|Restos do Foro de Augusto co Templo de Marte Ultor. Trala morte do rei Herodes, rei de Xudea no 4 a. C., os seus fillos Antipas e Arquelao chegaron a Roma coa súa propia copia do testamento de Herodes para defender o seu caso sobre por que cada un deles merecía herdar o reino do seu pai. Augusto, como era habitual, declinou a exclusiva responsabilidade da decisión. Convocou un consello de senadores, entre os que incluíu a Caio. O consello decidiu ratificar o testamento presentado por Arquelao, que incluía un importante legado a Augusto e á súa muller Livia.Flavio Xosefo, Antiquities of the Jews, Libro XVII-9.5 As cidades de Xudea subleváronse despois de que o procurador, Sabino, guarnicionase Siria e Palestina para protexe-las decenas de millóns de sestercios prometidos ao emperador.Flavio Xosefo, Antiquities of the Jews, Libro XVII-10.2 O gobernador de Siria, Varo, viuse obrigado a traer as lexións de Siria para restaura-la orde.

Conquista de Armenia polos partos Trala morte do rei parto Fraates IV, o seu sucesor, Fraates V (ou Fraataces), decidiu intervir nos asuntos da veciña Armenia e se apoderou dela coa axuda dunha parte dos armenios, e expulsou a Tigranes IV, o rei instalado por RomaVeleio Patérculo, Libro II-100 e que estaba baixo a súa protección. O historiador Ferrero especula que Fraates podería ter a esperanza de usar Armenia como moeda de cambio para conseguir a liberación dos seus fillos que estaban cativos polos romanos. A supremacía romana en Asia dependía da súa posesión de Armenia como protectorado. Antes de que Roma puidese tratar cos partos en Armenia, primeiro tería que volver chamar as súas lexións sirias que aínda estaban ocupadas en Palestina. Para liberar alí as lexións, o Reino de Xudea foi dividido entre os fillos de Herodes o Grande. A metade quedou baixo Arquelao, mentres que a outra metade foi subdividida entre os seus irmáns, Antipas e Filipe. Isto serviu para restaurar a estabilidade da rexión, mentres evitaba que Xudea se fixese poderosa. Tras resolver os asuntos en Xudea, o emperador decidiu despregar un exército en Armenia para restablecer o seu status de protectorado romano e mostrar ao mundo oriental que Roma dominaba todas as terras ata o Éufrates.

Expedición a Oriente miniatura|Estatua dun príncipe da dinastía Xulio-Claudia. A cabeza, probablemente, representa a Caio César. Realizada entre o 5 a. C. e o 14 d. C. Altes Museum, Berlín Debido á súa avanzada idade, Augusto non puido viaxar por si mesmo a Oriente. Eran poucos nos que confiaba o emperador para resolver os asuntos orientais, pero confiaba en que Caio o conseguise. Caio foi unha boa elección porque a súa presenza representaba a da familia imperial: todas as ordes, promesas ou ameazas que procedían del eran tan válidas coma se fosen do propio emperador. Non obstante, só tiña dezaoito anos e, polo tanto, era demasiado novo para levar a cabo empresas importantes.