dereita|miniatura|Ara de Vilanova.
dereita|miniatura|Placa cun poema de Pablo Pérez na igrexa.
Santa María de Vilanova e unha parroquia que pertence ó concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. En 2011, segundo o IGE, tiña 59 habitantes (34 homes e 25 mulleres).
Patrimonio No adro da igrexa parroquial hai unha ara romana de grandes dimensións, dedicada a Xúpiter, que data do século II. A ara está modelada con grecas en tres das súas caras superiores e posúe unha inscrición cuxo desenvolvemento total de lectura sería: "".
O souto de Vilanova ten castiñeiros centenarios. O poeta Pablo Pérez, natural de Vilanova, publicou no seu libro Sementeira de Soños un poema adicado ao souto, "Elexía por un souto".
Feiras e festas A primeira fin de semana de febreiro, coincidindo coas festas patronais das Candelas e San Brais, celébrase a festa do chourizo. O sábado pola tarde a xente asa os chourizos no adro da igrexa e por entre os castiñeiros do souto para asar os chourizos nas fogueiras.
Lugares e parroquias Lugares de Vilanova
Parroquias da Pobra de Trives
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra de Trives
Categoría:Parroquias da Pobra de Trives Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María