A bandeira de Cuzco é un dos símbolos oficiais da cidade. Componse de sete raias horizontais de cores: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul claro e escuro e violeta. Esta bandeira do arco da vella foi introducida no Perú en 1973 por Raúl Montesinos Espejo, en recoñecemento do 25 aniversación da estacón de radio Tawantinsuyo Radio. Como a popularidade da bandeira medrou, o alcalde de Cuzco Gilberto Muñiz Caparó declarouna como emblema oficial no ano 1978. A partir de 2021, a bandeira conta cun símbolo solar dourado no medio, o coñecido como Sol de Echenique.

miniatura|A bandeira do Perú e a de Cuzco na praza principal da cidade.

Outro significado

Ademais de ser a bandeira da cidade de Cuzco e a bandeira cooficial do departamento de Cuzco, a bandeira de sete cores ten diferentes usos segundo o contexto. Utilízase como bandeira das linguas quechuas, sendo a bandeira popular, mais non oficial do pobo quechua, así como bandeira representativa da herdanza inca. Os quechuas do sur de Bolivia (kollas) usaron tamén esta bandeira, mais nos últimos anos o símbolo de chakana fíxose máis popular en Bolivia. O seu uso como bandeira da herdanza inca é controvertido debido ao seu carácter non histórico. Porén, o seu uso mostra respecto pola historia do Imperio Inca.

Historia Orixe e controversia

miniatura|Estandarte do Imperio Inca. As crónicas da conquista do Perú mencionan bandeiras usadas polos incas, ou algo que os cronistas interpretaron como bandeiras. A cuestión da historicidade da bandeira está moi relacionada coa bandeira wiphala ou aimará. En 2010, María Rostworowski in 2010 afirmou que non existía ningunha evidencia de que as culturas antigas usasen tal bandeira,«Aposto a miña vida, os incas nunca tiveron esa bandeira, nunca existiu, ningún cronista a mencionou» e o Congreso da República do Perú corroborou a conclusión da Academia Nacional da Historia do Perú: "O uso oficial da mal chamada 'bandeira Tawantinsuyu' é un erro. No mundo andino non existía o concepto de bandeira, non pertencía ao seu contexto histórico".

Historia moderna O primeiro uso rexistrado da bandeira do arco da vella no Perú estivo relacionado co movemento cooperativo Alianza Cooperativa Internacional que entrou en escena a principios do século XX. A bandeira moderna foi creada a principios dos anos 70 por iniciativa dunha emisora ​​local Radio Rural. En 1973, con motivo do vixésimo quinto aniversario da emisora, Raúla Montesinos Espejo propuxo a bandeira do arco da vella presentándoa como pertencente aos incas. Por desgraza, Montesinos nunca presentou un estudo que acredite a autenticidade do deseño, e foi aceptado de facto sen máis probas. Dende entón, a bandeira medrou en popularidade, pero a xente asóciaa por erro con Tawantinsuyo. Cinco anos despois, o 9 de xuño de 1978, a provincia de Cuzco tomou a bandeira como oficial; 16 días antes da bandeira do orgullo gai en San Francisco. É a segunda bandeira do Cuzco. A primeira bandeira utilizada anteriormente consistía nun fondo escarlata e nun escudo de armas que data da época española, entregado en 1540. Debido á súa semellanza coa bandeira LGBT, moito máis recoñecible, o Sol de Echenique engadiuse á bandeira en 2021. É un disco de ouro que foi entregado ao presidente peruano José Rufino Echenique durante a súa visita a Cuzco en 1853 e emblema oficial do departamento, provincia e cidade de Cuzco dende 1986.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bandeira dos quechuas Bandeira do arco da vella

Categoría:Bandeiras do Perú Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras introducidas en 1973 Categoría:Bandeiras introducidas en 2021 Cuzco