Acontecementos Aparece na Coruña O Vello do Pico-Sagro, a primeira publicación periódica escrita integramente en galego. 1 de xaneiro - Guerra de África: Vitoria das tropas españolas, o mando do xeneral Prim, na batalla dos Castillejos.
Nacementos 29 de xaneiro - Anton Chekhov, escritor e dramaturgo ruso. 19 de febreiro - Porfiri P. Infántiev, escritor e etnólogo ruso. 11 de marzo - Alberto García Ferreiro, escritor e xornalista galego. 1 de abril - Joaquín Arias Sanjurjo, avogado, xornalista e escritor galego. 20 de maio - Eduard Buchner, químico alemán, premio Nobel de Química en 1907. 21 de maio - Willem Einthoven, médico holandés, premio Nobel de Medicina en 1924. 29 de maio - Isaac Albéniz, compositor español. 7 de xullo - Gustav Mahler, músico austríaco, compositor e director de orquestra. 19 de xullo - Lizzie Borden, asasina estadounidense (f. 1927). 22 de xullo - Manuel Castro López, xornalista e escritor galego (m. 1926). 24 de xullo - Alfons Mucha, pintor checo. 20 de agosto - Raymond Poincaré, político, presidente de Francia (1913-1920). 6 de setembro - Jane Addams, socióloga estadounidense, premio Nobel da Paz en 1931. 23 de novembro - Karl Hjalmar Branting, político sueco, Premio Nobel da Paz en 1921. 15 de decembro - Niels Ryberg Finsen, médico danés, Premio Nobel de Medicina en 1903.
Mortes 30 de xuño - Gotthilf Heinrich von Schubert, médico e botánico alemán. 14 de agosto - André Marie Constant Duméril, zoólogo francés. 27 de agosto - José Rodríguez Seoane, escritor galego (n. 1839). 21 de setembro - Arthur Schopenhauer, filósofo alemán. 2 de decembro - Ferdinand Christian Baur, teólogo protestante alemán (n. 1792).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1860