Tobil TolistanOs abazas tradicionalmente colocan o apelido primeiro e logo o nome. Ver: Chirikba, Viacheslav A. “Abaza Personal Names.” Iran & the Caucasus, vol. 17, no. 4, 2013, pp. 391–400. JSTOR, http://www.jstor.org/stable/23597509 (en abaza Тобыль Тольыстан) coñecido oficialmente segundo a forma rusificada Tatlustan Zakerievich Tabulov (en ruso Татлустан Закериевич Табу́лов) nado en Alburgan en 1879 e finado o 16 de febreiro de 1956, foi un escritor abaza, considerado o fundador da literatura abaza.
Traxectoria Tobil naceu na vila de Biberdovsky, agora Alburgan no distrito Abaza de Karachay-Cherkessia, no seo da nobreza abaza, agmista. Seu pai Tobil Zakaria era o xefe da rexión de Biberdovsky e recibiu educación na escola que abrira o pioneiro Makar Umar en 1879 en Biberdovsky e que creou un alfabeto para o abaza, baseado no árabe, para ensinar os nenos da escola. En 1905 rematou o primeiro curso no Seminario Misioneiro Alexander de Ardon, en terras osetias, e continou a estudar entre 1910 e 1914 sen coñecerse onde, quizais nunha madrasa.
En 1914 converteuse en mestre de escola primaria en Alburgan. No ano seguinte, nunha conferencia de profesores do otdel de Batalpashinskyen en Teberda, reclamou a alfabetización non só para os nenos, senón tamén para as nenas, e non só en árabe, mais tamén en ruso, ao que levou á súa suspensión como docente . En 1920, xa baixo o dominio soviético, Tabulov volveu a exercer como profesor da escola primaria de Alburgan.
En 1924 nunha versión propia do alfabeto árabe para o circasiano, e nela publicou os libros de texto en kabardino: ABC, Ana-bze e Ana-bze II e a cartilla Schipej, que se utilizaron amplamente nas escolas circasianas ; en 1929 publicou a colección Zuli, que inclúe obras de teatro, dramatizacións, cancións e poemas en lingua circasiana .
De 1933 a 1936, despois do desenvolvemento e aplicación do alfabeto abaza, utilizando a experiencia dos libros de texto escolares rusos, de forma independente e en colaboración con outros, publica 9 cartillas, libros de texto sobre gramática abaza, antoloxías e libros para ler despois da cartilla. Tabulov combinou o traballo sobre os libros de texto escolares coa docencia na Escola Pedagóxica Circasiana .
En 1937 foi reprimido ilegalmente por unha acusación absurda de vulgarizar a lingua abaza. Pasou uns dous anos no cárcere circasiano. En 1939 foi posto en liberdade por falta de corpus delicti .
Despois da guerra, T. Z. Tabulov volve participar activamente na preparación e produción de libros de texto para nenos abazas. En pouco tempo, traducindo do ruso e incluíndo as súas propias obras literarias sobre unha base folclórica, Tabulov publicou varios voluminosos libros de texto e antoloxías.
Desde 1951, traballou no Instituto de Investigación Circasiano, preparou varios traballos científicos para a súa publicación, incluíndo un volume sobre adiviñas e proverbios abazas.
Creación Tabulov é o autor das primeiras obras da literatura abaza: poemas e cancións "Vida feliz", "Escola", "As nosas mulleres"; dramatizacións "Obreiros e labregas", "Vello e novo". Escribiu os poemas "Psyzh" e "Elburgan", a historia "Dzhalduz", as obras de teatro "Zuli" e "Zarylya" sobre a emancipación das mulleres musulmás.
En 1947, T. Tabulov publicou a primeira colección de contos populares abazas e en 1955 en colaboración a segunda en colaboración con K. Shakryl, e que significou a derradeira contribución de T. Z. Tabulov ao desenvolvemento da cultura abaza. Notas
Categoría:Escritores da Unión Soviética Categoría:Finados en 1956 Categoría:Nados en 1879 Categoría:Escritores en lingua abaza Categoría:Pedagogos da Unión Soviética Categoría:Escritores en lingua kabardina