Moeda de 50 francos Hércules "50 Francs". Numista.com190x190px190x190pxA/: Hércules espido, entre a Liberdade e a Igualdade. Sinatura do gravador (Dupré) no exergo. Lendas: LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ.R/: Valor facial e data no interior dunha grilanda de oliveira. Data Lendas: REPUBLIQUE FRANÇAISE / 50 FRANCS Datas: 1974-1980. Ceca: Monnaie de Paris. Deseñador: Agustin Dupré. Aliaxe: Prata (90 %), cobre (10 %). Diámetro: 41 mm. Peso: 30 g. Espesor: 2,79 mm. Canto: con ornamentos.
A moeda de 50 francos Hércules é a moeda de prata máis grande das emitidas en Francia baixo o sistema do franco francés, caracterizada pola figura de Hércules no seu anverso.
A moeda foi creada mediante o Decreto 74-797, do 23 de setembro de 1974, asinado polo presidente da República Francesa, Valéry Giscard D'Estaign."Décret n°74-797 du 23 septembre 1974 autorisant la fabrication de pièces de 50 F en argent". Journal officiel de la République française. 25 de setembro de 1974. Páxina 9.858.
Tratábase dunha moeda de curso legal, aínda que a súa presenza na circulación foi practicamente nula, por mor do seu peso e o seu diámetro excesivos. Comezouse a emitir en 1974 e retirouse da circulación en 1980 debido ao crecemento dos prezos da prata, que provocou que o valor intrínseco do metal superase o seu valor facial."Décret n°80-148 du 15 février 1980 autorisant la démonétisation des pièces de 5 F en argent, de 10 F en argent et de 50 F en argent". Journal officiel de la République française. 19 de febreiro de 1980."Les pièces de monnaie françaises de 10 et 50 francs Hercule ". Sacra-moneta.com
Deseño O seu deseño responde ao tipo Hércules, creado por Agustin Dupré inicialmente para a moeda de 5 francos da I República, cuñada por vez primeira en 1795,"5 Francs Union et Force". Numista.com e que foi retomado posteriromente para diversas moedas francesas."Arrêté du 8 novembre 1974. Caracteristiques et type de la piece de 50 FRS". Journal Officiel de la République Française. 15 de novembro de 1974. Páxina 11.458.
Anverso miniatura|Deseño de Augustin Dupré para a moeda de 5 francos de 1795, retomado para os 50 francos Hércules. O anverso está caracterizado pola figura espida de Hércules, cunha pel de león ás súas costas, reconciliando a Liberdade coa Igualdade, que están en pé aos seus lados. A Liberdade está á súa dereita e sostén unha pica coroada por un barrete frixio, en tanto que a Igualdade está á súa esquerda, e sostén un perpendículo. O anverso complétase co lema LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ na parte superior e a sinatura do deseñador no exergo.
Reverso Pola súa banda, no reverso amósase o valor facial 50 FRANCS como motivo principal, no interior dunha coroa composta por pólas de oliveira, rodeada pola lenda RÉPUBLIQUE FRANÇAISE a ambos os lados e coa data no exergo.
Canto O canto, creado polo Gravador Xeral de Moedas Raymond Joly, reproduce en relevo diversos motivos, separados por estrelas e rombos, de temática agropecuaria (acio de uvas, galo e mada de trigo), do comercio (caduceo, corno da abundancia e balanza) e da industria (compás, engrenaxe e martelo).
Tiraxes Estas son as tiraxes anuais da moeda de 50 francos franceses tipo Hércules. Ademais das cantidades da emisións ordinaria, que figuran na táboa, en 1974 cuñáronse a maiores 13.800 exemplares a modo de proba con deseño idéntico, aínda que no seu anverso se engadiu a palabra ESSAI baixo os pés da figura da Igualdade."50 Francs (Hercule - Essai)". Colnect.com
+Tiraxes anuaisAno de emisiónExemplares cuñados19744.298.81119754.552.01119765.544.71119777.884.011107812.030.211197912.040.511198060.000Total38.526.255
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda de 10 francos Hércules Monnaie de Paris Franco francés
Ligazóns externas
Valeur des pièces de 50 francs argent (Sacra-moneta.com)
Categoría:Franco (moeda) Categoría:Moedas de Francia Categoría:Moedas de prata