miniatura|Serafín e a Catedral de Lata.
A Catedral de Lata (en ; Blyashana Katedra) foi a primeira igrexa ucraína independente de América do Norte. Tiña a súa sé na Igrexa serafinita. Fundada en Winnipeg, non tiña afiliación con ningunha igrexa en Europa.
Os inmigrantes ucraínos comezaron a chegar ao Canadá en 1891, principalmente procedentes das provincias austrohúngaras, as rexións de Bucovina e Galicia. Os procedentes de Bucovina eran ortodoxos orientais, e os de Galicia católicos orientais. En calquera dos casos, o rito bizantino era co que estaban familiarizados. En 1903, a poboación inmigrante ucraína no oeste do Canadá fíxose o suficientemente grande como para atraer a atención de líderes relixiosos, políticos e educadores.
Directores miniatura|dereita|Cyril Genik (1857–1925).
O personaxe central da comunidade ucraína en Winnipeg daquela época foi Cyril Genik (1857–1925). Procedía de Galicia, graduándose no Ximnasio Académico de Ucraína en Lviv e estudou dereito brevemente na Universidade de Chernivtsi.Martynowych, Orest T. Ukrainians in Canada: The Formative Period, 1891-1924. Canadian Institute of Ukrainian Studies Press, Universidade de Alberta, Edmonton, 1991, páxina 170. Genik foi un amigo de Ivan Franko, o autor ucraíno de "Лис Микита" (Fox Mykyta)Franko, Ivan; Kurelek, William; Melnyk, Bohdan (1978). Fox Mykyta. Tundra Books, Montreal. . que foi nomeado ao Premio Nobel de Literatura. A mordaz sátira de Franko sobre o clero ucraíno occidental da súa época e as súas tendencias socialistas probablemente foron compartidas por Genik, que resultou ser o padriño da voda do autor. A liberación do pobo do clero, xunto coa reforma agraria, foi unha forma de liberar o campesiñado do xugo do propietarios ausentes que mantiñan o control da terra coa connivencia da xerarquía da igrexa. Á súa chegada ao Canadá, Genik converteuse no primeiro ucraíno en ser empregado polo goberno canadense, e traballou como axente de inmigración levando novos colonos ás súas facendas. O curmán de Genik, Ivan Bodrug (1874–1952) e o amigo de Bodrug, Ivan Negrich (1875–1946) tamén viñeron da aldea de Bereziv no condado de Kolomyia e foron cualificados como mestres de ensino primario en Galicia. Estes tres homes constituían o núcleo da intelectualidade na comunidade ucraína, e eran coñecidos como "Березівська Трійця" (Berezivs'ka Triitsya) (o "Triumviato Bereziv"). Genik, o máis vello, era o único dos tres que xa estaba casado. A súa esposa Pauline (nada Tsurkowsky) era unha muller culta, filla dun cura, e tiñan tres fillos e tres fillas.
O outro personaxe principal era o Bispo Serafín, cuxo nome real era Stefan Ustvolsky. Ustvolsky rematou sendo destituído polo Santo Sínodo Ruso na capital do Imperio Ruso, en San Petersburgo. Pero a súa historia comeza cando, por motivos persoais, viaxou ao Monte Athos onde foi consagrado bispo polo Santo Anphim, que dicía ser bispo. O Santo Anphim ordenou a Ustvolsky a pesar do Tsar, xa que neste momento había unha loita entre o Santo Sínodo e o Tsar polo control da Igrexa Ortodoxa Rusa (ou polo menos esta era a historia que el trouxo consigo ao Novo Mundo).Mitchell, Nick. Ukrainian-Canadian History as Theatre in The Ukrainian Experience in Canada: Reflections 1994, Editors: Gerus, Oleh W.; Gerus-Tarnawecka, Iraida; Jarmus, Stephan, The Ukrainian Academy of Arts and Sciences in Canada, Winnipeg. Tras ser consagrado bispo, Serafín viaxou a América do Norte, quedando brevemente con sacerdotes ucraínos en Filadelfia. Cando chegou a Winnipeg, non tiña fidelidade á Igrexa ortodoxa rusa nin a ninguén. Os ucraínos das pradeiras aceptárono como un home santo viaxeiro, unha tradición que se remonta aos comezos do cristianismo.Mitchell, Nick. The Mythology of Exile in Jewish, Mennonite and Ukrainian Canadian Writing in A Sharing of Diversities. Proceedings of the Jewish Mennonite Ukrainian Conference, "Building Bridges", General Editor: Stambrook, Fred, Canadian Plains Research Center, University of Regina, 1999, páxina 188.
miniatura|esquerda|Dr. William Patrick (1852-1911). Outra persoa que participou nos eventos que culminaron na creación da Catedral de Lata foi o asistente de Serafín Makarii Marchenko. Marchenko actuou como diácono ou cantor, axudando a Serafín nos oficios da igrexa que coñecía ben. Chegou con Serafim dos Estados Unidos. O arcebispo Adélard Langevin, que estaba situado en St. Boniface, era o xefe da diocese católica romana no oeste do Canadá, en contacto directo co papa Pío X en Roma. Cría que os seus sacerdotes eran máis que adecuados para as necesidades da poboación ucraína.Martynowych, Orest T. Ukrainians in Canada: The Formative Period, 1891-1924. Canadian Institute of Ukrainian Studies Press, University of Alberta, Edmonton, 1991 Outros membros destacados incluíron ao Dr. William Patrick, xefe de Manitoba College, un colexio presbiteriano en Winnipeg; o Partido Liberal de Manitoba; e misioneiros ortodoxos rusos co bispo Tikhon como Xefe da Misión Ortodoxa Rusa en América do Norte.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bodrug, Ivan. Independent Orthodox Church: Memoirs Pertaining to the History of a Ukrainian Canadian Church in the Years 1903-1913, translators: Bodrug, Edward; Biddle, Lydia, Toronto, Ukrainian Research Foundation, 1982. Manitoba Free Press, número do 10 de outubro de 1904, 20 de xaneiro de 1905, 28 de decembro de 1905. Martynowych, Orest T. (2011). The Seraphimite, Independent Greek, Presbyterian and United Churches . Martynowych, Orest T. Ukrainians in Canada: The Formative Period, 1891-1924. Canadian Institute of Ukrainian Studies Press, University of Alberta, Edmonton, 1991. Maruschak, M. The Ukrainian Canadians: A History, 2nd ed., Winnipeg: The Ukrainian Academy of Arts and Sciences in Canada, 1982. Mitchell, Nick. The Mythology of Exile in Jewish, Mennonite and Ukrainian Canadian Writing in A Sharing of Diversities, Proceedings of the Jewish Mennonite Ukrainian Conference, "Building Bridges", General Editor: Stambrook, Fred, Canadian Plains Research Center, University of Regina, 1999. Mitchell, Nick. Ukrainian-Canadian History as Theatre in The Ukrainian Experience in Canada: Reflections 1994, Editors: Gerus, Oleh W.; Gerus-Tarnawecka, Iraida; Jarmus, Stephan, The Ukrainian Academy of Arts and Sciences in Canada, Winnipeg.
Winnipeg Tribune, número do 25 de febreiro de 1903. Yereniuk, Roman, A Short Historical Outline of the Ukrainian Orthodox Church of Canada.
Ligazóns externas Five Door Films, Romance of the Far Fur Country Martynowych, Orest T., The Seraphimite, Independent Greek, Presbyterian and United Churches Tin Can Cathedral by Nick Mitchell
University of Manitoba Libraries: Winnipeg Building Index. Tin Can Cathedral Selkirk Avenue 1904 Yereniuk, Roman, A Short Historical Outline of the Ukrainian Orthodox Church of Canada
Categoría:Cristianismo no Canadá