Sebastián Taborda Ramos, nado en Montevideo o 22 de maio de 1981, é un futbolista uruguaio. Xoga de dianteiro centro e o seu equipo actual é o Defensor Sporting.

Traxectoria Comezou a xogar no seu país, no Defensor Sporting. Despois de estar cedido en varios clubs suramericanos, como Fénix (Uruguai), Pumas de la UNAM (México) e Universidad Católica, chegou a Europa no 2005 para xogar no Deportivo da Coruña, que pagou 2,9 millóns de euros polo 70% do pase do xogador. A súa gran virtude é a súa envergadura, que a sabe aproveitar perfectamente no xogo aéreo. Normalmente é usado como revulsivo nas segundas partes dos partidos ou ante situacións adversas no marcador. Iso sucedeu nun partido contra o Valencia CF, no que Taborda marcou un gol coa cabeza aos poucos segundos de entrar no terreo de xogo, gañándose o alcume de 'Falito'. Cabe destacar que algúns dos seus goles máis importantes foron marcados saíndo case sempre desde o banco. Na tempada 2008–09 foi cedido ao Hércules CF de Segunda División. Tras rematar o seu contrato co Deportivo o 1 de setembro de 2009, volveu ao Uruguai para xogar novamente no Defensor Sporting. En 2010 foi contratado por Newell's Old Boys da Arxentina.

Selección nacional Até a data foi convocado tres veces coa selección uruguaia, xogando un partido.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en tenfieldigital.com.uy Datos do xogador en futbolxxi.com Datos do xogador en national-football-teams.com

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Defensor Sporting Club Categoría:Xogadores do Club Deportivo Universidad Católica Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do CA Newell's Old Boys Categoría:Xogadores do Club Nacional de Football Categoría:Xogadores do CA Fénix Categoría:Xogadores do Pumas de la UNAM Categoría:Xogadores do CA River Plate (Montevideo) Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai