Kevin Andrew Johansen, nado en Fairbanks o 21 de xuño de 1964, é un cantante estadounidense nacionalizado arxentino. Caracterízase por un son particular que fusiona a música popular da Arxentina e de América Latina, o rock alternativo e o pop estadounidense nun estilo que el mesmo chamou "Des-Generado".Kevin Johansen: “Soy un músico des-generado” 21-08-2014, MDZ OnlineKevin Johansen: “Soy un des-generado” 16-07-2012, Diario Popular

Traxectoria Fillo de nai arxentina e pai estadounidense, naceu en Fairbanks, Alasca, onde viviu até os 4 anos. A familia mudouse logo a Colorado, e o ano seguinte a Arizona. Con 6 anos instalouse en San Francisco. Cando Johansen tiña 12 anos viaxa a Buenos Aires, e tamén viviu en Montevideo aos 13 e 14 anos. Alí iniciouse no mundo da música e aprendeu a tocar a guitarra. Volveu a Buenos Aires e viviu alí até que en 1990 se muda a Nova York. En 2000 regresa a Buenos Aires, onde reside na actualidade. É coñecido cariñosamente como "Piojo" polo seu parecido co exfutbolista Claudio "Piojo" López.

Inicios artísticos Na década de 1980 Johansen fixo algunhas aparicións esporádicas no rock arxentino coa banda Instrucción Cívica, xunto a Julián Benjamín e Fernando Samalea. Editaron dous álbums: Obediencia Debida (1985) e Instrucción Cívica (1986).

Década de 1990 En 1990 mudouse a Nova York. Tocou no CBGB varios anos até a creación do seu grupo The Nada, un xogo de palabras entre "a nada" e "de nada". En 2000, The Nada gravou o seu primeiro álbum, unha mestura de diferentes músicas latinas co rock moderno, o funk e o pop. Ese ano Johansen volveu a Arxentina. O álbum, da discográfica Los Años Luz, foi ben recibido polo público e levou o grupo de xira.

Anos 2000 miniatura|275x275px|Kevin Johansen e The Nada durante unha actuación en 2007 Cara finais de 2002 Johansen gravou «Sur o no sur», comercializado por Los Años Luz na Arxentina e por Sony Music no resto do mundo. O corte de difusión deste disco foi a milonga «Daisy», cuxo videoclip foi filmado no barrio porteño de La Boca. Foi dirixido por Andrea Urquiola e protagonizado pola actriz transexual Mariana AriaTerra Argentina, "Lola Berthet y Mariana Aria: chicas revelación", 26-5-2003 - Consultado en agosto de 2010 e un grupo de bailaríns quen realizan unha coreografía entre homes, típica dos comezos da milonga.

Durante 2003 Johansen tivo moita sona na Arxentina, pois unha das súas cancións, «Down with my baby», foi a sintonía de cabeceira da serie televisiva Resistiré. Isto levouno a tocar no Teatro Gran Rex en xuño dese ano. Durante a súa xira por España concentrou un público moi numeroso, tanto en Madrid como en Barcelona. Actuou nos premios MTV e comezou unha xira por algunhas cidades dos EUA, como Miami, Nova York, Chicago, Os Ánxeles e San Francisco, onde "Sur o no sur" estaba por ser lanzado.

En 2004 continuou a xira por México, Chile, Bélxica e España. "Sur o no sur" foi nomeado para os Premios Grammy nas categorías Álbum do ano e Canción do Ano e Mellor Vídeo Musical (por «La Procesión»). En 2005 recibiu o Premio Konex - Diploma ao Mérito como un dos mellores cantantes de pop/balada da década na Arxentina.

Entre viaxes gravou "City Zen", o seu terceiro disco, de novo con Los Años Luz. O álbum foi moi ben recibido polo público e pola crítica.

En 2008 e 2009 realizou unha serie de concertos co seu amigo Liniers. Neles proxectábanse debuxos feitos en directo polo humorista gráfico ao tempo que Johansen interpretaba as súas cancións. Este concepto foi expandido en 2009 para o primeiro DVD de The Nada, gravado en vivo no Teatro "El Nacional". Mentres a banda interpreta as cancións de Johansen, Liniers realiza unha pintura monumental de carácter mural.

Anos 2010 esquerda|miniatura|267x267px|Kevin Johansen en Mendoza En 2010 Johansen gravou con Pablo Lescano o «Himno a Sarmiento», o cal interpretaran xuntos durante o espectáculo de apertura de Puertas do Bicentenario da Revolución de Maio.

En 2012 edítase “BI” (Sony Music), o novo álbum de Kevin Johansen e The Nada, que foi gravado en dúas partes. A primeira, “Jogo (Subtropicalia)”, foi realizada nos Estudos Del Arco coa coprodución de Javier Tenenbaum e Osqui Amante. A segunda, “Fogo (Pop Heart)”, foi realizada nos Estudos El Pie coa coprodución de Tweety González.

Na primeira parte, "Jogo (Subtropicalia)", fica impreso un forte selo folclórico, cunha mirada cara ao Uruguai e ao Brasil. Porén, en "Fogo (Pop Heart)" prevalece un son máis roqueiro e cancións en inglés, todos temas propios e dúas versións: «Everybody Knows» de Leonard Cohen e «Modern Love» de David Bowie.

"BI" contou coa participación de Lila Downs, Rubén Rada, Daniela Mercury, Natalia Lafourcade, Paulinho Moska, Lisandro Aristimuño, Fernando Cabrera e Orquesta El Arranque, entre outros. O 25 de maio de 2014 formou parte dos festexos do aniversario da Revolución de Maio, dentro do programa "Somos Cultura".

En varias das súas cancións Kevin usou o metro 2/4, característico do tango e a milonga. En 2015 recibiu o Premio Konex na disciplina Canción de Autor.

O 26 de abril de 2019 lanzou o seu noveno álbum de estudio, "Algo Ritmos", e o videoclip do seu single, “Cuentas Claras”. En xullo levou a cabo a xira miTOURbano polos EUA e Europa, a cal esgotou entradas nalgúns concertos, e o resto dese ano percorreu América Latina.

Anos 2020 Por mor da pandemia, durante 2020 Kevin levou a cabo unha xira mundial virtual con 4 datas distintas: Cancións propias en español, Cancións propias en inglés, Cancións propias e impropias, e Cancións Latinoamericanas. A finais do ano lanza xunto con David Lebón o seu novo sinxelo, "Todo Esto".

En abril de 2021 Kevin actuou no Teatro Gran Rex de Buenos Aires con dúas funcións vendidas. Emprende durante o mes de maio unha xira por España, "Vecino Tour", en que actúa en Valencia (La Rambleta), Barcelona (Sala Barts), Madrid (Teatro Calderón) e Vigo (Auditorio Mar de Vigo).

Discografía

The nada (2000) Guacamole En mi cabeza You’re the Bossa Soñé No me abandones Ni idea Campo argentino Living in a story McGuevara’s o CheDonald’s Heat of the moment So lazy El círculo El de la puerta

Sur o no sur (2002) Sur o no sur Star estrella Puerto Madero La procesión Daisy Timing Down with my baby Chill out james Cumbiera intelectual No seas insegura Sur o no sur (Reprise) Acción! La chanson de Prevert Hindue blues Go on Hacele caso La tangómana Me fui pal monte Candombito He andao

City Zen (2005) City zen All I wanna do is you Desde que te perdí Atahualpa, you funky! El palomo I don’t know Oops No voy a ser yo La falla de San Andrés (dedicado a David Byrne) The gem in I Volutas de humo Buenos Aires Anti-social Club El incomprendido Push your luck Milonga subtropical Tom Zen Twist del rezo Tema del zurdo Everything is (Falling into place)

Logo (2007) Logo Anoche Soñé Contigo Susan Surrender Ese Lunar Fantasmas de Carnaval Funny Face Road Movie Son del Mp3 La Hamaca Por Las Ruas Chica Rollinga S.O.S. Tan Fashion Oh My Love, My Love Everybody Says Luna Sobre Porto Alegre Amistad de Borrachera Cliché Latino, Cliché Gringo

Vivo en Buenos Aires (2010) Logo En mi cabeza El Palomo No voy a ser yo Mc Guevaras's o Che Donal's Hindue Blues El Círculo La Hamaca Desde que te perdí Oops! Cumbia Intelectual Sos tan Fashion + Everything is Anoche soñé contigo Down with my baby Buenos Aires anti-social club Guacamole Fin de fiesta

Bi (2012) Amor Finito Baja a la Tierra Jogo (Subtropicalia) Tan Fácil Veredas de Agua Vecino My Name is Peligro Alta, Fea y Linda Milonga que Paso Picaflor Nunca Digas Siempre Whyoh Chacarera del Deseo (Como Pega el Sol) Waiting for The Sun to Shine Buenos Aires Rio Nieva en Buenos Aires Y Sigo (Canción de Autoayuda Para Mi) No Digas Quizás Down In The Forest (So Many Lovers) Glass Party Girl (Love You To Death) Basta ya de Bastas (Rastars & Rockstars) Seventeen Apocalypso No Tiene Nombre Los Tics Del Jazzero (Tics of the Jazzman) Dark Side Of Me Everybody Knows Modern Love

Bi(vo) en México (2015) Amor Finito (en vivo) Baja a la Tierra (en vivo) En mi cabeza (en vivo) My Name is Peligro (en vivo) Vecino (en vivo) No seas insegura (en vivo) Ni idea (en vivo) Modern Love (en vivo) Cumbiera intelectual (en vivo) S.O.S. Tan Fashion (en vivo) El corrido de la falta administrativa (en vivo) Desde que te perdí (en vivo) No tiene nombre (en vivo) I don't know (en vivo) Anoche soñé contigo (en vivo) No Digas Quizás (en vivo) Guacamole (en vivo)

Mis Américas (2016) Es como el día -con Miranda Johansen Dios de la Marea -con Miss Bolivia Tiene algo (Intresting little thing) Oh, what a waist (pero que cintura) 5 in the morning (The great divide) La bach-chata -con Marcos Mundstock y Palito Ortega El jardín del desdén Folky -con Pity Álvarez Torcer a favor Life is killing me Meanwhile Amor Telepathic Love Zambaguala del viajero

Algo ritmos (2019) De repente Mi querido Brasil - con Maria Gadú, Jorge Drexler & Kassin Solo le dije Train of thought New York without you Tú ve Teletransportación - con Daniel Drexler Sin decir palabra - con Leonor Watling Cuentas claras Pobre millonario Cocktail groupie Noche ideal La gente más linda (Mito Urbano) - con La Shica

Sinxelos Available 20s (2020) Todo Esto, con David Lebón (2020)

Vida persoal En Nova York coñeceu a súa primeira esposa, Mariana León, unha bailarina arxentina. Tiveron dúas fillas, Miranda (1997) e Kim Ema (2002).

En 2006 Johansen divorciouse de Mariana e formou parella con Laura Franco. Tiveron dous fillos, Tom Atahualpa (2007) e Roy (2015).

Notas

Ligazóns externas

Biografía de Kevin Johansen en Rock.com.ar Kevinjohansen.com Páxina oficial de Johansen. Lt24online.com.ar Entrevista a Johansen en revista arxentina. Montevideo.com.uy Entrevista a Johansen en revista uruguaia. Agendameperu.com Noticia sobre Johansen en publicación peruana. Wrasserecords.com Noticias ey biografía de Johansen. (En inglés). Netglimse.com Biografía detallada de Johansen. (En inglés). Vialactea.be Información xeral e presentación de Johansen. (En francés).

Categoría:Cantautores da Arxentina