La familia perfecta é un filme español de 2021 dirixido por Arantxa Echevarría e escrito por Olatz Arroyo. Está protagonizado por Belén Rueda, José Coronado, Gonzalo de Castro, Pepa Aniorte, Carolina Yuste, Gonzalo Ramos, Jesús Vidal e Lalo Tenorio.

Sinopse A trama presenta o enfrontamento entre unha familia acomodada e unha familia obreira a raíz dunha voda inesperada entre Pablo e Sara que unirá ambas as familias, poñendo patas arriba o mundo de Lucía (a nai do privilexiado noivo).

Personaxes Belén Rueda como Lucía Carolina Yuste como Sara José Coronado como Miguel Pepa Aniorte como Amparo Gonzalo de Castro como Ernesto Gonzalo Ramos como Pablo Lalo Tenorio Jesús Vidal Pepe Ocio María Hervás

Estrea Distribuído por Universal Pictures International Spain, o filme estreouse nos cinemas de España o 3 de decembro de 2021.

Notas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Arantxa Echevarría Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes de Atresmedia Cine