A bandeira de Hong Kong, oficialmente a bandeira rexional da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China, (en ) amosa unha flor branca estilizada de cinco pétalos a orquídea de Hong Kong (Bauhinia blakeana) no centro dun campo vermello chinés. O seu deseño orixinal foi presentado o 4 de abril de 1990 na Terceira Sesión do Sétimo Congreso Nacional Popular. O deseño actual foi aprobado o 10 de agosto de 1996 no Cuarto Pleno do Comité Preparatorio da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong. O uso preciso da bandeira está regulado polas leis aprobadas pola 58 reunión executiva do Consello de Estado celebrado en Pequín. O deseño da bandeira está consagrado na Lei Básica de Hong Kong, o documento constitucional do territorio, e as normas relativas ao uso, prohibición de uso, aldraxe e fabricación da bandeira están recollidas na Ordenanza Rexional de Bandeira e Emblema Rexional. A bandeira de Hong Kong foi adoptada e izada oficialmente o 1 de xullo de 1997, durante a cerimonia de entrega que marcaba a transferencia da soberanía do Reino Unido a China.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras da China Categoría:Bandeiras introducidas en 1997