Fernando Rodríguez Serena, nado en Madrid o 28 de xaneiro de 1941 e finado en Pamplona o 15 de outubro de 2018, foi un futbolista español que xogaba como extremo dereito.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, e en 1960 debutou co filial, o Plus Ultra, na Segunda División. Nese equipo coincidiu con xogadores como Luis Aragonés ou Gento III, e disputou 26 encontros, marcando 4 goles. A continuación xogou dous anos cedido en Osasuna, na Primeira División, club co que marcou un total de 10 goles en 55 partidos.
En 1963 regresou ao Real Madrid, e xogou as seguintes cinco tempadas co primeiro equipo. É especialmente lembrado por marcar o gol decisivo na final da Copa de Europa de 1966, ante o Partizan de Belgrado no estadio de Heysel de Bruxelas, completando a remontada do club branco, despois de que Velibor Vasović adiantase o equipo iugoslavo e Amancio empatase. Adoitaba xogar na banda dereita, onde destacaba pola súa elegancia, a velocidade do seu xogo e a precisión nos centros.
En 1968 polo Elxe CF, onde xogou dúas tempadas, antes de pasar á UE Sant Andreu, club no que se asentou durante os seguintes seis anos, todos eles na Segunda División.
Selección española Vestiu nunha ocasión a camiseta da selección española, o 9 de xaneiro de 1963, nun partido amigable contra Francia no Camp Nou no que entrou na segunda parte como substituto de Enrique Collar.
Faleceu o 15 de outubro de 2018, aos 77 anos.
Palmarés Real Madrid Primeira División (4): 1963/64, 1964/65, 1966/67, 1967/68. Copa de Europa (1): 1965/66.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador coa selección española .
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do UE Sant Andreu Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España