Dólar de prata do campo de batallada guerra civil estadounidense170x170px170x170pxA/: Un soldado dá de beber a un inimigo ferido. Data e marcas de ceca e de gravador. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUSTR/: Cita de Joshua Chamberlain, sobre o campo de batalla de Gattysburg. Marca de gravador. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: Don Troiani (anv.) e John M. Mercanti (rev.). Datas de emisión: 1995 Ceca: US Mint: Cecas de San Francisco (S) e de Filadelfia (F). Tiraxe: 375.868 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do campo de batalla da guerra civil estadounidense é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1995 e cuñada polas Casas da Moeda de San Francisco e de Filadelfia.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 102-379, do 5 de outubro de 1992,"Public Law 102-379 - OCT. 5, 1992". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha serie de moedas para conmemorar o centenario do inicio da protección dos campos de batalla da guerra civil estadounidense, "Civil War Battlefield Silver Dollar". United States Mint. co establecemento do Parque Militar Nacional de Gettysburg en 1895.
Xunto coa moeda dun dólar de prata, as moedas que completan a serie conmemorativa ao abeiro da mesma lei son a de cinco dólares de ouro e a de medio dólar, de cobre revestido con níquel.
Deseño
No anverso da moeda, deseñado e gravado por Don Troiani, represéntase a escena dun soldado de Infantaría achegando unha cantimplora de auga aos beizos dun inimigo ferido. Sobre eles a inscrición LIBERTY ("Liberdade"). Completan as lendas o lema IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") característico das moedas estadounidenses, e tamén figura no anverso a data de emisión da moeda."1 Dollar Civil War Battlefield". Numista.com
Pola súa banda, o reverso, obra de John M. Mercanti, reproduce o outeiro de Little Round Top, no campo de batalla de Gettysburg, e sobre el unha cita de Joshua Chamberlain (1828-1914), un dos heroes da Batalla de Gettysburg: IN GREAT DEED SOMETHING ABIDES. / ON GREAT FIELDS SOMETHING STAYS. / FORMS CHANGE AND PASS: BODIES DISAPPEAR; / BUT SPIRITS LINGER TO CONSECRATE GROUND / FOR THE VISIONPLACE OF SOULS. / - JOSHUA CHAMBERLAIN ("Nos grandes feiros, algo permanece. Nos grandes campos, algo permanece. As formas cambian e pasan: os corpos desaparecen; pero os espíritos permanecen para consagrar a terra para a visión das almas"). Este motivo do reverso está rodeado polas lendas alusiva ao nome do país e ao valor facial da moeda, así como o lema E PLURIBUS UNUM.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión deste dólar conmemorativo prevía unha tiraxe máxina dun millón de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia na súa versión estándar, en tanto que a Casa da Moeda de San Francisco se encargou da cuñaxe das moedas con acabamento especial (proof). A emisión foi presentada e posta ao dispor do público o día 31 de marzo de 1995.
A súa produción foi de 45.866 moedas na súa condición estándar e 330.002 en versión proof, o que fai un total de 375.868 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1995 Civil War Battlefield". United States Mint.
Este dólar conmemorativo comercializouse aos prezos de 29 dólares en condición estándar e 34 en versión proof. Consonte a lei que autorizou esta emisión, os beneficios acadados coa súa comercialización foron destinados á Fundación de Campos de Batalla da Guerra Civil (Civil War Battlefield Foundation), para colaborar no financiamento da conservación destes lugares de alto valor histórico.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1995 Civil War Battlefields Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América