O tempo contigo (en ; Tenki no Ko) é un filme xaponés de 2019 escrito e dirixido por Makoto Shinkai, e producido por CoMix Wave Films e distribuído por Toho. Conta a historia dun rapaz de instituto que foxe da súa casa rural a Tokyo e faise amigo dunha nena orfa que ten a capacidade de controlar o tempo. Conta coas voces de Kotaro Daigo e Nana Mori, dirección de animación de Atsushi Tamura, deseño de personaxes de Masayoshi Tanaka, e banda sonora de Radwimps. O filme gañou unha varios premios, e foi escollido como candidato do Xapón para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Estreouse subtitulado en galego o 29 de novembro de 2019 a través de NUMAX (Santiago de Compostela). Os subtítulos foron traducidos ao galego por Samuel Solleiro co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Personaxes Kōtarō Daigo como Hodaka Morishima Nana Mori como Hina Amano Shun Oguri como Keisuke Suga Tsubasa Honda como Natsumi Suga Sakura Kiryu como Nagi Amano Chieko Baishō como Fumi Tachibana Sei Hiraizumi como Yasui Yūki Kaji como Takai Sumi Shimamoto como Señora Mamiya Kentaro Araki como Araki Ryōhei Kimura como Kimura Kana Hanazawa como Kana Hidekatsu Shibata como Kannushi Kana Ichinose como Sasaki Ayane Sakura como Ayane

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Makoto Shinkai Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes ambientados en 2021 Categoría:Filmes ambientados en 2024 Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego