Dólar de prata da Declaración de Dereitos360x360pxA/: Busto de James Madison. Data e marcas de ceca e de gravador (WJK e TDR). Lendas: LIBERTY / JAMES MADISON / IN GOD WE TRUSTR/: Fachada principal do edificio Montpelier. Marca de gravador (DEM e TDR). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / MONTPELIER / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: W. Krawczewicz e T. D. Rogers (anv.), e D. McMullen e T. D. Rogers (rev.). Datas de emisión: 1993 Ceca: US Mint: Cecas de San Francisco (S) e de Denver (D). Tiraxe: 632.384 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata da Declaración de Dereitos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1993 e cuñada polas Casas da Moeda de San Francisco e de Denver.
Esta moeda foi autorizada pola Lei 102-281, do 13 de maio de 1992,"Public Law 102-281 - MAY 13, 1992. TITLE V". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha serie de moedas para conmemorar as dez primeiras emendas da Constitución dos Estados Unidos, coñecidas como Carta ou Declaración de Dereitos, e para salientar o papel exercido por James Madison para a súa adopción."Bill of Rights Dollar". United States Mint.
Xunto coa moeda dun dólar de prata, as moedas que completan a serie conmemorativa ao abeiro da mesma lei son a de cinco dólares de ouro e a de medio dólar, de cobre revestido con níquel.
Deseño
No anverso da moeda, deseñado e gravado por William Krawczewicz e Thomas D. Rogers, represéntase un busto do Pai Fundador e cuarto presidente dos EEUU James Madison cara á dereita, xunto co seu nome. Completan as lendas os lemas IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") e LIBERTY ("Liberdade"), característicos das moedas estadounidenses, e tamén figura no anverso a data de emisión da moeda."1 Dollar Bill of Rights". Numista.com
Pola súa banda, o reverso, obra de Dean McMullen e Thomas D. Rogers, reproduce a fachada principal do edificio da residencia familiar de Madison en Montpelier, Virxinia, e debaixo a palabra MONTPELIER. Este motivo do reverso está rodeado polas lendas alusiva ao nome do país e ao valor facial da moeda, así como o lema E PLURIBUS UNUM.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión deste dólar conmemorativo prevía unha tiraxe máxina de 900.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Denver na súa versión estándar, en tanto que a Casa da Moeda de San Francisco se encargou da cuñaxe das moedas con acabamento especial (proof). A emisión foi presentada e posta ao dispor do público o día 22 de xaneiro de 1993.
A súa produción foi de 98.383 moedas na súa condición estándar e 534.001 en versión proof, o que fai un total de 632.384 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1993 Bill of Rights". United States Mint.
Este dólar conmemorativo comercializouse aos prezos de 27 dólares en condición estándar e 29 en versión proof. Consonte a lei que autorizou esta emisión, os beneficios acadados coa súa comercialización foron destinados ao James Madison Memorial Fellowship Trust Fund, para o fomento do ensino e do estudo da Constitución dos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1993 Bill of Rights Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América