O Handley Page Victor é un bombardeiro estratéxico a reacción británico desenvolvido e producido por Handley Page durante a guerra fría. Foi o terceiro e derradeiro bombardeiro V en ser operado pola Royal Air Force (RAF), sendo os outros dous o Avro Vulcan e o Vickers Valiant. Entrando en servizo en 1958, o Victor desenvolveuse inicialmente como parte da disuasión nuclear aerotransportada do Reino Unido, pero foi retirado da súa misión nuclear en 1968, despois do descubrimento de gretas de fatiga que foran exacerbadas pola adopción por parte da RAF dun perfil de voo a baixa cota para evitar a interceptación, e debido á introdución dos mísiles Polaris lanzados dende submarinos da Royal Navy en 1969.
Coa misión de disuasión nuclear cedida á Royal Navy non se podía xustificar unha gran frota de bombardeiros V. Varios Victor modificáronse para tarefas de recoñecemento estratéxico, usando unha combinación de radar, cámaras, e outros sensores. Antes da introdución do Polaris, algúns xa foran convertidos en avións de abastecemento en voo para substituír o Valiant; seguiron máis conversións a avións de abastecemento e algúns deses Victor recargaron os bombardeiros Vulcan durante a Operación Black Buck na guerra das Malvinas.
Debido á súa sofisticación tecnolóxica e capacidades superiores, o Victor foi o derradeiros dos bombardeiros V en ser retirado do servizo o 15 de outubro de 1993, tras as retiradas anteriores do Valiant en 1965 e o Vulcan en 1984. No seu rol de avión de abastecemento en voo o Victor foi substituído polo Vickers VC10 e o Lockheed Tristar.
Desenvolvemento
Orixes A orixe do Victor e dos outros bombardeiros V está fortemente ligada co primeiro programa de armas atómicas británico e as políticas de disuasión nuclear desenvolvidas tras a segunda guerra mundial. O programa da bomba atómica comezou formalmente co Requisito Operativo do Estado Maior do Aire OR.1001 publicado en agosto de 1946, que anticipou unha decisión do goberno en xaneiro de 1947 para autorizar a investigación e o desenvolvemento de armas atómicas, xa que a Lei de enerxía atómica estadounidense de 1946 (Lei McMahon) prohibira exportar coñecemento atómico, incluso aos países que colaboraran no Proxecto Manhattan.Wynn 1997, pp. 7, 16 O requisito OR.1001 prevía unha arma que non superase os 7,37 m de lonxitude, 1,5 m de diámetro, e 4 500 kg de peso, e que fose axeitada para ser lanzada dende os 6 100 m ata os 15 000 m.Wynn 1997, p. 18
Ao mesmo tempo, o Ministerio do Aire redactou os requisitos para bombardeiros que substituísen aos bombardeiros pesados con motores de pistóns, como o Avro Lancaster e o novo Avro Lincoln, que equipaban o Mando de Bombardeiros da RAF.Brookes 2011, p. 6 En xaneiro de 1947 o Ministerio de Abastecemento distribuíu a Especificación B.35/46 entre as compañías aeronáuticas para satisfacer o Requisito Operativo do Estado Maior do Aire OR.229 para "un bombardeiro baseado en terra de rango medio capaz de levar unha bomba de 4 500 kg a un obxectivo a 2 800 km dende unha base en calquera punto do mundo". Especificouse unha velocidade de cruceiro de 930 km/h a altitudes entre 11 000 m e 15 000 m. O peso máximo co avión totalmente cargado non debía exceder os 45 000 kg. A carga de armamento debía incluír unha "bomba de gravidade especial" de 4,500 kg (unha arma nuclear de caída libre), ou en rangos máis curtos 9 100 kg de bombas convencionais. Non levaría armas defensivas, confiando na súa velocidade e altitude para evitar cazas inimigos.Buttler, Air Enthusiast, xaneiro-febreiro de 1999, pp. 28-31.
O semellante OR.230 pedía un "bombardeiro de longo alcance" cun radio de acción de 3 700 km a unha altitude de 15 000 m, unha velocidade de cruceiro de 925 km/h, e un peso máximo de 91 000 kg co avión totalmente cargado.Wynn 1997, pp. 44-46 Recibíronse respostas ao OR.230 de Short Brothers, Bristol, e Handley Page; porén, o Ministerio do Aire recoñeceu que desenvolver un avión que cumprise con eses rigorosos requisitos sería tecnicamente esixente e tan caro que o bombardeiro resultante só podería ser mercado nun pequeno número.Butler e Buttler 2009, p. 7 Como resultado, decatándose de que a meirande parte dos obxectivos non precisaban un alcance tan longo, publicouse a menos esixente Especificación B.35/46 para un bombardeiro de medio alcance. Esta demandaba a mesma capacidade para transportar a mesma carga de bombas a un obxectivo a 2 800 km a unha altitude de 14 000-15 000 m e a unha velocidade de 925 km/h.
HP.80 O deseño proposto por Handley Page en resposta ao requirimento B.35/46 recibiu a designación interna de HP.80. Para acadar o rendemento requirido, o aerodinámico de Handley Page Dr. Gustav Lachmann e o seu adxunto Godfrey Lee desenvolveron unha á en frecha en forma de media lúa para o HP.80.Brookes 2011, pp. 6-7 O autor Bill Gunston describiu a á do Victor como "sen dúbida, a á subsónica alta máis eficiente en calquera mesa de deseño en 1947".Gunston 1973, p. 80 A frecha e a corda da á decrecían en tres pasos dende a raíz ata a punta para asegurar un número de Mach constante en toda á e, en consecuencia, unha alta velocidade de cruceiro.Lee, G.H. "Aerodynamics of the Crescent Wing." Flight, 14 de maio de 1954, pp. 611-612 As outras partes do avión que aceleran o fluxo, o morro e a cola, deseñáronse tamén para o mesmo número crítico polo que a forma do HP.80 tiña un número de mach crítico constante en todas as súas partes. Os primeiros traballos no proxecto incluían deseños sen cola, que usarían dispositivos verticais nas puntas das ás no seu lugar. Porén, a medida que a proposta maduraba, adoptouse un plano de cola completo de posición alta.Flight, 30 de outubro de 1959, p. 463 O perfil e a forma da á de media lúa estiveron suxeitos a considerables axustes e alteracións durante as primeiras etapas do desenvolvemento, particularmente para contrarrestar o desfavorable comportamento de cabeceo en voo.Butler e Buttler 2009, p. 9
Os HP.80 e Avro Type 698 elixíronse como os mellores deseños propostos para B.35/46, e realizáronse pedidos por dous prototipos de cada modelo.Lake 2002, p. 364 Porén, recoñeceuse que había moitas incógnitas asociadas aos dous deseños, e realizouse tamén un pedido do deseño de Vickers que se convertería no Valiant. Aínda que non cumpría completamente os requisitos da especificación, o deseño do Valiant tiña poucos riscos de fallos e podía entrar en servizo antes.Buttler, Air Enthusiast, xaneiro-febreiro de 1999, pp. 38-39. A á en media lúa do HP.80 probouse nun planador a un terzo de escala, o HP.87, e nun fortemente modificado Supermarine Attacker que recibiu a designación Handley Page HP.88. O HP.88 esnafrouse o 26 de agosto de 1951 tras completar tan só uns 30 voos e conseguíronse moi poucos datos útiles durante os seus dous meses de existencia. No momento no que o HP.88 estivo listo a á do HP.80 cambiara tanto que o primeiro xa non era representativo. O deseño do HP.80 avanzara o suficiente polo que a perda do HP.88 tivo pouco efecto no programa.Donald 2008, pp. 127-128
Construíronse dous prototipos do HP.80, WB771 e WB775. O WB771 foi desmontado na fábrica de Handley Page en Radlett e transportado por estrada ata RAF Boscombe Down para o seu primeiro voo; utilizáronse escavadoras para despexar a ruta e crear camiños ao redor dos obstáculos. Seccións do avión ocultáronse baixo marcos de madeira e lonas impresas con "GELEYPANDHY / SOUTHAMPTON" para que parecese o casco dun barco en tránsito. GELEYPANDHY era un anagrama de "Handley Pyge", estragado por un erro do redactor.Barnes 1976, p. 502 O 24 de decembro de 1952, pilotando polo xefe de pilotos de proba de Handley Page Hedley Hazelden, o WB771 realizou o seu primeiro voo cunha duración de 17 minutos.Barnes 1976, p. 503"This British Bomber Leads The World." The Age, 15 January 1953. p. 2. Dez días despois o Ministerio do Aire anunciou que o nome oficial do avión sería Victor.Brookes 2011, p. 9
Os prototipos renderon ben, pero fallos de deseño levaron á perda do WB771 o 14 de xullo de 1954, cando o plano de cola separouse mentres facía unha pasada a baixa cota sobre a pista de Cranfield, causando que o avión se esnafrase e morrendo a súa tripulación. Unido á deriva con tres pernos, o plano de cola foi sometido a unha carga considerablemente maior á anticipada, causando gretas de fatiga ao redor dos buratos dos pernos. Isto fixo que os pernos afrouxáranse e fallasen abrindo gretas. As concentracións de tensións ao redor dos buratos reducíronse engadindo un cuarto perno.Brooks, The Handley Page Victor: Volume 1, 2007, p. 114. O potencial de aleteo debido ás deficiencias no deseño da unión entre a deriva e o plano de cola reduciuse tamén ao acurtar a deriva.Barnes 1976, p. 506Gunston, Aeroplane Monthly, febreiro de 1981, p. 61 Ademais, os prototipos tiñan moito peso na cola debido á falta de equipamento no morro; isto solucionouse agregando grandes lastres aos prototipos.Darling 2012, p. 49 Os Victor de produción tiñan un morro alongado para mover a porta de escape da tripulación máis lonxe das entradas do motor xa que a posición orixinal considerouse demasiado perigosa como saída de emerxencia en voo. O morro alongado tamén mellorou o rango do centro de gravidade.Gunston, Aeroplane Monthly, febreiro de 1981, pp. 61-62
Victor B.1 miniatura|260x260px|Victor B.1AOs Victor B.1 de produción estaban impulsados polo turborreactor Armstrong Siddeley Sapphire ASSa.7 de 49 kN, e inicialmente foron despregados coa arma nuclear Blue Danube, e redespregados coa arma máis potente Yellow Sun cando estivo dispoñible. Os Victor tamén levaron bombas nucleares de propiedade estadounidense Mark 5 (dispoñibles baixo o programa Project E) e arma nuclear táctica británica Red Beard.Mason 1994, p. 388.Brookes 2011, p. 29Leitch, Air Enthusiast, setembro-outubro de 2003, pp. 55, 58. Un total de 24 avións foron actualizados ao estándar B.1A coa adición do radar de advertencia de cola Red Steer nun alongado cono de cola e un conxunto de receptores de alerta de radar e contramedidas electrónicas (ECM) de 1958 ata 1960.Gunston, Aeroplane Monthly, febreiro de 1981, p. 63
O 1 de xuño de 1956 o Victor de produción XA917 voado polo piloto de probas Johnny Allam superou inadvertidamente a velocidade do son despois de que Allam deixase que o morro caese lixeiramente cos motores a alta potencia. Allam notou unha indicación na cabina de Mach 1,1 e observadores en terra dende Watford ata Banbury dixeron escoitar un estoupido sónico. O Victor mantivo a estabilidade durante o evento. O autor Andrew Brookes afirmou que Allam rompeu a barreira do son conscientemente para demostrar as capacidades de velocidade do Victor en comparación cos primeiros bombardeiros V.Brookes 2011, p. 10 O Victor foi o avión máis grande en romper a barreira do son na época.Gunston, Aeroplane Monthly, febreiro de 1981, p. 62
Victor B.2 miniatura|250x250px|Victor B.2 A RAF requiría que os seus bombardeiros fosen capaces de teitos operativos altos e consideráronse numerosas propostas para Victors mellorados. Inicialmente Handley Page propuxo usar motores Sapphire 9 de 62 kN para producir un bombardeiro "fase 2", que sería seguido por Victors da "fase 3" coa envergadura incrementada ata os 42 m e impulsados por turborreactores Bristol Siddeley Olympus ou turboventiladores Rolls-Royce Conway. O Sapphire 9 cancelouse e o fortemente modificado fase 3 atrasaría a súa introdución, polo que se propuxo e aceptou un Victor "fase 2A" provisional cos motores Conway pero con modificacións mínimas.Barnes 1976, pp. 509-511Darling 2012, p. 50