Platon Artemiuk (en ), nado como Pavlo Fedorovych Artemiuk (en ) o 18 de xuño de 1891 en Nosów (no distrito de Konstantynów, gobernación de Siedlce, Imperio Ruso) e finado o 15 de agosto de 1951 en Toronto (Canadá), foi un eclesiástico ortodoxo ucraíno.

Traxectoria Naceu o 18 de xuño de 1891 en Nosów, unha aldea do distrito de Konstantynów preto de Biała Podlaska (entón parte da gobernación de Siedlce do Imperio Ruso, dende 1999 parte do Voivodato de Lublin de Polonia). En 1910 graduouse polo seminario de mestres en Biała Podlaska, e exerceu tres anos como mestre. Posteriormente, ampliou os seus estudos no Instituto Pedagóxico de Vilnius: en 1916 por mor da primeira guerra mundial foi trasladado a Samara, nese mesmo ano graduouse, e foi alistado no Exército Imperial Ruso. Logo da guerra, retomou a súa actividade como mestre en 1918 e volveu ao territorio da actual Ucraína. En data descoñecida, casou coa súa dona Taisa, coa que tivo tres fillas (Nina, Larisa, e Anna).

O 15 de marzo de 1936 foi ordenado sacerdote polo bispo de Volinia Oleksii Hromadskyi e asignado a unha parroquia de Novostavtsi. En 1939 finou a súa muller en Brest, e durante a segunda guerra mundial perdeu á súa filla Nina.

O 2 de agosto de 1942 foi ordenado bispo da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína polos bispos Nykanor Abramovych e Mstyslav Skrypnyk. Coa ofensiva do Exército Vermello para recapturar os territorios da RSS de Ucraína, fuxiu de Rivne a Varsovia o 14 de xaneiro de 1944, e foi nomeado secretario do Sínodo dos Bispos da Igrexa, cargo no que permaneceu até que finalizou a guerra. En 1951 trasladouse a Toronto, onde finou.

Notas

Categoría:Nados en 1891 Categoría:Nados en Nosów, concello de Leśna Podlaska Categoría:Finados en 1951 Categoría:Bispos ortodoxos de Polonia Categoría:Bispos ortodoxos do século XX Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína