A bandeira da República dos Calmucos é un dos símbolos oficiais da república da Federación Rusa. Consiste nun campo amarelo cun círculo azul celeste no centro que contén un loto. O amarelo representa o Sol, o pobo e a fe relixiosa da nación. O azul representa o ceo, a eternidade e a estabilidade. O loto é un símbolo de pureza, renacemento espiritual e felicidade. Os seus cinco pétalos superiores representan os continentes e os catro inferiores representan os cuartos do globo. Xuntos simbolizan a vontade dos calmuco de vivir en amizade e de cooperar con todas as nacións do mundo.

Galería de bandeiras históricas

Véxase tamén Outros artigos Bandeira da República dos Buriatos Bandeira de Mongolia Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de suxeitos federais de Rusia Categoría:Bandeiras introducidas en 1993