White Hot: The Rise & Fall of Abercrombie & Fitch é un filme documental de 2022 dirixido por Alison Klayman. O filme céntrase no éxito masivo de Abercrombie & Fitch e as controversias que xerou nas décadas de 1990 e 2000. Estreouse a través de Netflix o 19 de abril de 2022.

Sinopse White Hot: The Rise & Fall of Abercrombie & Fitch detalla o éxito e as controversias da cadea de roupa, incluíndo as súas prácticas racistas e excluíntes. O documental céntrase no aumento da popularidade da marca tras a chegada do CEO Mike Jeffries en 1992, e as súas prácticas que levaron a unha demanda colectiva en 2003 por discriminación racial nas tendas e polas políticas de contratación. A directora Alison Klayman explora a cultura tóxica da compañía, con entrevistas dalgúns dos participantes orixinais na demanda colectiva. O documental tamén presenta a Samantha Elauf, quen foi rexeitada por Abercrombie para traballar debido a que levaba un velo na entrevista. Abercrombie loitou e o caso finalmente pasou ao Tribunal Supremo en 2015, que fallou a favor de Elauf.

Acollida No sitio web do agregador de críticas Rotten Tomatoes, o 56% das 16 críticos son positivas.

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América