José María Cornejo, nado en San Vicente o 10 de novembro de 1788 e finado no mesmo San Vicente o 24 de novembro de 1864, gobernou a República do Salvador como Xefe Supremo do 30 de xaneiro de 1829 ao 16 de febreiro de 1830, e do 4 de decembro de 1830 ao 3 de abril de 1832.
Biografía José María Cornejo naceu en San Vicente o 10 de novembro de 1788. Os seus pais foron José Manuel Cornejo e Ana María Jacoba Merino y Guevara. Casou con Josefa Nicolasa de Lesaca. Morreu na mesma cidade de San Vicente o 24 de novembro de 1864.
Estudos Estudo Filosofía na Cidade de Guatemala, saíndo de Bacharel o 14 de xaneiro de 1809. Logo estudou Dereito Canónico, que non terminou, e despois Dereito Civil, que tampouco chegou a concluír.
Vida política Atopábase en Guatemala cando se producía o pronunciamento das provincias do Imperio Mexicano, e como José María Cornejo era un opositor a iso, foi posto en prisión. Retornou logo ao Salvador despois de ser liberado en xuño de 1822.
Foi elixido deputado para as lexislaturas de 1825 e 1826. En 1826, escribiu unha obra titulada Espíritu Constitucional, que foi aprobado polos liberais. Foi reelecto deputado para as lexislaturas de 1826 e 1827.
Ademais foi alcalde de San Vicente e Rexedor Perpetuo.
Xefatura do Estado do Salvador Cando os pobos foron convocados a eleccións de Xefe do Estado e Vicexefe do Estado, José María Cornejo gañou a xefatura e Nicolás Espinoza gañou a vicexefatura. Foron nomeados por decreto lexislativo do 22 de xaneiro de 1829. Tomou posesión o 30 de xaneiro de 1829.
Realizou a erección do Colexio Seminario cuxa creación foi decretada en 1825; formou tamén unha escola lancasteriana. Edificou garitas e levantou muros para a seguridade do tráfico interior; tamén propuxo camiños e levantou pontes e calzadas de pedra. Reparou os acuedutos da cidade de San Salvador que estiveran arruinados por máis de 15 anos.
Notas
Predecesor: Mariano Prado Xefe Supremo do Salvador1829 - 1830Sucesor: José Damián Villacorta Predecesor: José Damián Villacorta Xefe Supremo de El Salvador1830 - 1832Sucesor: Francisco Morazán Quesada
Categoría:Nados en 1788 Categoría:Finados en 1864 Categoría:Presidentes do Salvador