O snipe é un barco de vela deseñado por William Crosby en 1931 e unha clase competitiva do deporte da vela. Na actualidade non é unha clase olímpica.

90px

Historia Nunha asemblea da Florida West Coast Racing Association celebrada en Sarasota (Florida), en marzo de 1931, xurdiu a idea de crear unha pequena embarcación de regatas que puidese transportarse facilmente nun remolque. William Crosby, enxeñeiro naval e director da revista "Rudder", que asistía á asemblea, comprometeuse a realizar o proxecto e a publicar os planos do barco na súa revista, para darlle a maior promoción posible. O nome de snipe (becacina cabra en galego), elixiuse seguindo o costume de Crosby de darlle nomes de aves acuáticas a todos os seus deseños. O resultado foi un éxito. No ano 1932 xa se fabricaran 150 unidades, e formouse a Snipe Class International Racing Association (SCIRA), converténdose en xullo de 1936 na clase co maior número de embarcacións do mundo.

O primeiro Campionato Mundial da Clase, que se denomina "'Trofeo Hub E. Isaacks'", disputouse en Long Island Sound (Nova York) en 1934, organizado polo New Rochelle Yacht Club. Pero cando se converteu realmente nun verdadeiro Campionato do Mundo con categoría internacional foi en 1946, na edición celebrada no Lago Chautauqua, tamén en (Nova York) . En 1947 celebrouse por primeira vez fóra dos Estados Unidos, no Lago Leman de Xenebra, en Suíza.

Na actualidade é unha das embarcacións de vela lixeira máis populares que existen, con preto de 900 frotas en 26 países, e converteuse na columna vertebral da vela de competición. O deportista galego máis destacado nesta categoría foi Cholo Armada, que en 1960 quedou subcampión de Europa e en 1961 cuarto do mundo nunha tripulación co tamén vigués Xulio Ribó.

miniatura|250px|Regata de snipes

Campionatos do mundo - Trofeo Hub E. Isaacks O Trofeo Hub E. Isaacks, doazón do primeiro comodoro da SCIRA, e propiedade da SCIRA, concédeselle á frota do patrón gañador, que se responsabiliza de custodialo e conservalo, así como de enviarllo debidamente embalado ao lugar designado para o seguinte campionato. O nome do patrón gañador, o ano, o nome da súa frota e o do seu país de orixe gravaranse de forma uniforme sobre o trofeo. Desde 1949 dispútase cada dous anos, no canto de anualmente. Durante 1943 e 1944 non se disputou, debido á segunda guerra mundial.

Palmarés Ano Patrón e país Club 1934 20px William E. Bracey (EUA) Dallas Sailing Club 1935 20px Perry Bass (EUA) Wichita Falls, Texas 1936 20px Philip Benson, Jr. (EUA)Sea Cliff Yacht Club 1937 20px Arthur M. Deacon (EUA)Western Long Island Sound 1938 20px Charles Gabor (EUA)Lake Mohawk 1939 20px Walter Hall (EUA)Oakland 1940 20px Darby Metcalf (EUA)Los Angeles Yacht Club 1941 20px Darby Metcalf (EUA)Los Angeles Yacht Club 1942 20px Heinzerling (EUA)Lake Lakawanna 1945 20px Bob White (EUA)Balboa 1946 20px Bob Davis (EUA)Balboa 1947 20px Ted A. Wells (EUA)Wichita, Kansas 1948 20px Carlos Vilar Castex (ARX)Club Náutico San Isidro 1949 20px Ted A. Wells (EUA)Wichita, Kansas 1951 20px Jorge Vilar Castex (ARX)Club Náutico San Isidro 1953 20px António José Conde Martins (POR)Centro de Vela da Mocidade Portuguesa 1955 20px Mario Capio (ITA)Tugillio 1957 20px Juan Manuel Alonso Allende (ESP)Real Club Marítimo del Abra-Real Sporting Club 1959 20px Paul Bert Elvstrøm (DIN)Copenhague 1961 20px Alex Schmidt (BRA)Saco de São Francisco 1963 20px Alex Schmidt (BRA)Saco de São Francisco 1965 20px Alex Schmidt (BRA)Saco de São Francisco 1967 20px Nelson Piccolo (BRA)Río Grande do Sul (Clube dos Jangadeiros) 1969 20px Earl Elms (EUA)Mission Bay 1971 20px Earl Elms (EUA)Mission Bay 1973 20px Félix Gancedo (ESP)Real Club Mediterráneo 1975 20px Félix Gancedo (ESP)Real Club Mediterráneo 1977 20px Boris Ostergren (BRA)Río Grande do Sul (Veleiros do Sul) 1979 20px Dave Chapin (EUA)Island Bay 1981 20px Jeff Lenhart (EUA)Mission Bay 1983 20px Torben Grael (BRA)Río de Xaneiro (Rio Yacht Club) 1985 20px Santiago Lange (ARX)Club Náutico San Isidro 1987 20px Torben Grael (BRA)Río de Xaneiro (Rio Yacht Club) 1989 20px Ricardo Fabini (URU)Yacht Club Uruguayo 1991 20px Axel Roger (ARX)Club Universitario de Buenos Aires 1993 20px Santiago Lange (ARX)Club Náutico San Isidro 1995 20px Santiago Lange (ARX)Club Náutico San Isidro 1997 20px Mauricio Santa Cruz (BRA)Río de Xaneiro (Clube do Rio de Janeiro) 1999 20px Nélido Manzo (CUB)A Habana 2001 20px Alexandre Paradeda (BRA)Río Grande do Sul (Clube dos Jangadeiros) 2003 20px Augie Diaz (EUA)Miami (Coconut Grove Sailing Club) 2005 20px Augie Diaz (EUA)Miami (Coconut Grove Sailing Club)

Categoría:Veleiros monotipo