Alberto González Fernández, nado en Ferrol o 7 de abril de 1968, é un político e arqueólogo galego do PSdeG-PSOE. Traxectoria Arqueólogo, pertence ó Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia. A finais dos 90 creou a empresa Adóbrica ArqueoloxíaLa Voz de Galicia, Ferrol, 4-9-1999, p.43.. Foi presidente do Consello Reitor da Cooperativa agraria de LagoLa Voz de Galicia, Ferrol, 18-4-2007, p.7.. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Valdoviño, logrando a vitoria por maioría simple. Porén non acadou a alcaldía, que foi para a candidata de Terra Galega que pactou co PPdeG e o concelleiro independente de UIV. En xullo de 2007 foi nomeado delegado territorial da Consellería de Política Territorial na Provincia da Coruña, onde se mantivo ata a vitoria do PPdeG nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009. Posteriormente, volveu se-lo candidato socialista á alcaldía valdoviñesa nas municipais de 2011, se ben non acadou a alcaldía xa que foi superado polo PPdeG, permanecendo como portavoz na oposición.

Nas municipais de 2015 volveu encabeza-la candidatura do PSdeG-PSOE en Valdoviño e logrou a vitoria con 6 concelleiros, a 1 da maioría absoluta, polo que foi elixido alcalde co apoio do edil de Centristas de Valdoviño e gobernou en minoría. Nas municipais de 2019 foi reelixido alcalde ó lograr unha ampla maioría absoluta (9 concelleiros de 13 e un 61% dos votos), sendo o primeiro alcalde valdoviñés da democracia que logrou tanto ser reelixido como maioría absoluta. Nas municipais de 2023 revalidou de novo a alcaldía con maioría absoluta, logrando 7 concelleiros.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Valdoviño

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Valdoviño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes