miniatura|250px|O corégono branco frito é un alimento popular no verán en Finlandia miniatura|250px|Sete corégonos brancos no escudo de armas de Viitasaari Coregonus albula é unha especie de peixe osteíctio da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos e xénero Coregonus.Coregonus albula (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 30 de marzo de 2022.Coregonus albula (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 30 de marzo de 2022.Coregonus albula (Linnaeus, 1758) na BioLib. Consultada o 30 de marzo de 2022.

Propio do norte de Europa, coñécese vularmete en galego como corégono branco.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, páx. 59.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Salmo albula.

Etimoloxías Para a do xénero, ver Coregonus.

O epíteto específico, albula, é unha voz do latín científico titada do latín clásico albula, feminino de albulus, "abrancazado", derivado de albus, "branco".albula no Merriam-Webster Dictionary.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse polos sinónimos:

Coregonus albula finnica Günther, 1866 Coregonus albula ladogae Pravdin, Golubev & Belyaeva, 1938 Coregonus albula ladogensis Berg, 1948 Coregonus albula olonensis Borisov, 1924 Coregonus albula perejaslawica Polyakov, 1874 Coregonus albula pereslavicus Berg, 1932 Coregonus albula pereslawicus Borisov, 1924 Coregonus albula topozeri Novikov, 1947 Coregonus albula var. norvegica Günther, 1866 Coregonus albula vodlosericus Lukash, 1939 Coregonus brevis Mäklin, 1869 Coregonus sardinella marisalbi Berg, 1916 Coregonus sardinella vessicus Dryagin, 1933 Cyprinus muraenula Wulff, 1765 Salmo albula Linnaeus, 1758 (protónimo) Salmo maraenula Bloch, 1779 Salmo maraenula Bloch, 1782 Salmo vimba Linnaeus, 1758

Notas taxonómicas Coregonus albula está moi relacionado con Coregonus sardinella e tamén con Coregonus peled, aínda que as diferenzas fenotípicas son claras.

Dentro desta especie suxeríronse subdivisións taxonómicas tanto por motivos xeográficos como entre ecotipos simpátricos. FishBase considera as poboacións británicas deste corégono como unha especie separada, Coregonus vandesius, pero esta distinción non é aceptada pola maioría os ictiólogos.Winfield, Ian J.; Fletcher, Janis M. & James, J. Ben (2004): "Conservation ecology of the vendace (Coregonus albula) in Bassenthwaite Lake and Derwent Water, U.K." . Annales Zoologici Fennici. 41: 155–164.

Características Coregonus albula é un peixe delgado e estilizado, que presenta unha aleta adiposa, unha pequena aleta adicional no dorso entre a aleta dorsal e a aleta caudal, como é típico na familia dos salmónidos. A súa mandíbula (maxilar inferior) é máis longa que o maxilar superior. Ten unha aparencia semellante tanto a Coregonus lavaretus, cuxo maxilar superior é máis longo que o inferior, como a Coregonus peled, cuxos maxilares son de igual lonxitude. O dorso é de cor verde azulada ou marrón, os flancos son prateados e o ventre branco.Verdace. Coregonus albula, en NatureGate. Consultada o 31 de marzo de 2022.

Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 48,0 cm, pero a maioría dos espécimes miden uns 20,0 cm. O máximo peso rexistrado foi de 1,0 kg.Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.

Hábitat e distribución O corégono branco é un peixe marino, dulciacuícola e de augas salobres, bentopeláxico, anádromo,Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemaña. que habita en augas temperadas a pofundidades de até os 30 m, entre os 66° N e os 59° N, e os 16° L e os 31° L.

Encóntrase en ríos e lagos das concas do mar Báltico, do Branco e do Norte, ao leste do río Elba, e nos afluentes norteños do río Volga. Anádromo no golfo de Finlandia e mariño na parte máis ao norte do golfo de Botnia. Existen grandes poboacións en lagos e encoros de Alemaña e Polonia.

Bioloxía Hábitos Coregonus albula é unha especie lacustre e mariña de augas abertas. No mar, aliméntase preto da costa). Forma cardumes peláxicos nos lagos máis profundos. É anádromo no Báltico.

Nutrición Aliméntase de crustáceos planctónicos

Reprodución Coregonus albula desova ao longo das costas, a 3-10 m de profundidade, raramente até os 22 m de profundidade ou xusto debaixo da superficie. Desova máis profundamente en lagos claros e máis preto da superficie en lagos con augas húmicas. A desova efectúase sobre substratos pouco profundos de area ou de grava.

Reprodúcese xeralmente no outono, pero en varios lagos do norte de Europa existen poboacións distintas de corégonos que desovan na primavera, algunhas das cales foron descritas como especies separadas: en Suecia, como Coregonus trybomi, e en dous lagos do norte de Alemaña, como Coregonus fontanae e Coregonus lucinensis. Estas poboacións son simpátricas con corégonos que se reproducen no outono e parecen ter evolucionado posglacialmente a partir delas de forma independente en cada lago.

Relacións cos humanos A especie é obxecto de pesca comercial. Figura nos escudos de armas de moitas cidades e pobos onde se pesca.

No arquipélago sueco da baía de Botnia prodúcese o famoso "Kalix löjrom" (caviar de Kalix), que adoita servirse nos banquetes reais, e é común nos dos premios Nobel.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que é unha especie que está moi estendida e que non se coñecen grandes ameazas sobre ela, cualifuica o seu status como LC (pouco opreocuopante). Poeén, cómpre confirmar as identidades dalgunhas poboacións lacustres.Freyhof, J. {2011): Coregonus albula na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 30 de marzo de 2022.

Figura no Apéndice III da Convención de Berna.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2022): Coregonus albula (Linnaeus, 1758) en FishBase. Kottelat, M. & Freyhof, J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes. Cornol, Xura, Suíza: Publications Kottelat. ISBN 978-2-8399-0298-4. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7. Svetovidov, A. N. (1984): "Salmonidae". páxs. 373-385 en Whitehead, P. J. P., Bauchot, M. L., Hureau, J. C., Nielsen, J. & Tortonese, E., eds. Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. Volume 1. París: UNESCO. ISBN 9-2300-2215-2.

Outros artigos Salmoniformes Salmónidos Coregoninos Coregonus

Categoría:Coregonus Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1758