Constantino Bedoya Vázquez, nado en Miño o 7 de agosto de 1947, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Delineante. Afiliado a Alianza Popular dende 1979Entrevista en La Voz de Galicia Ferrol, 25-3-1993 p.41. Foi candidato desta formación á alcaldía de San Sadurniño nas eleccións municipais de 1983 logrando 2 concelleiros, por detrás do PSdeG-PSOE e os independentes, situándose na oposición. Volveu ser candidato nas municipais de 1987 e subeu a 4 concelleiros, os mesmos que o PSdeG pero sendo estes os máis votados, polo que continuaron na alcaldía. En abril de 1990 foi elixido alcalde grazas a unha moción de censura apoiada polos independentesMoción de censura ao alcalde Lamas.

Encabezou a candidatura do PPdeG nas municipais de 1991 e foi a forza máis votada, con 5 concelleiros, e continuou gobernando grazas ao apoio dos independentes, dos cales un deles (Fernando Barro Sabín) marchou do goberno en outubro de 1991Nova en La Voz de Galicia Ferrol, 27-10-1991 p.80, e outro (José Serafín Gundín Sabín) pasou a formar parte das listas populares. Nese mandato foi deputado provincial. Foi reelixido con maioría absoluta en 1995, con 6 concelleiros, ó igual que en 1999 e 2003 cando logrou 7 concelleiros. Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta e cedeulle a alcaldía ao nacionalista Secundino García Casal, dado o acordo entre o BNG e o PSdeG. Volveu ser candidato do PPdeG en 2011 pero non conseguiu recupera-la alcaldía, dado que o BNG logrou maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en San Sadurniño

Categoría:Alcaldes de San Sadurniño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes