Inside Bill's Brain: Decoding Bill Gates é unha miniserie documental estadounidense de 2019 creada e dirixida por Davis Guggenheim. Dividido en tres episodios, a serie explora a mente e as motivacións de Bill Gates, cofundador e antigo director executivo de Microsoft e fundador de Bill and Melinda Gates Foundation, xunto coa súa esposa naquela época.
O documental percorre a vida de Gates, dende a infancia, a creación de Microsoft e o seu estado actual como o segundo home máis rico do mundo. A secuencia de apertura presenta unha montaxe de imaxes de arquivo, incluíndo a Gates cando recibe un tortazo na cara de Noël Godin en Bélxica, durante unha visita a funcionarios da Unión Europea.
Elenco Bill Gates Melinda Gates
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix