Josefa Barreiro González, nada no Carril (Vilagarcía de Arousa) en 1910 e finada no mesmo concello o 19 de marzo de 1937, foi unha sindicalista e guerrilleira galega.
Traxectoria Gañou a vida dende pequena traballando de criada. Casou con José Tobío e alugaron unha casa no barrio da Torre. Grazas á súa tía Otilia tomou contacto co sindicato da CNT de Trabanca Badiña. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou na súa casa a Urbano Tarrío Montero. O 17 de marzo de 1937 entrou na casa unha cuadrilla de falanxistas baixo o mando de Mouriño. Mataron alí mesmo a Urbano Tarrío e levaron a Josefa á sede de Falange onde foi torturada. Foi asasinada o 19 de marzo “como incursa en un delito de guerra”. Foi soterrada nunha fosa común do cemiterio municipal de Vilagarcía.A ciencia ao rescate da memoria dos 18 asasinados na foxa de Vilagarcía
Vida persoal Casou con José Tobío e foi pai de Julio e Valentín Tobío Barreiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1937