Lidia Brito, nada en 1985, é unha enxeñeira mozambicana experta en silvicultura, conferenciante universitaria, investigadora e asesora na Universidade Eduardo Mondlane.
Traxectoria Brito posúe un grao en Enxeñaría forestal pola Universidade Eduardo Mondlane (Mozambique) e acadou un mestrado en ciencias e o título de doutora en Ciencias Forestais pola Universidade Estatal de Colorado (EEUU). Foi primeira Ministra de Educación Superior, Ciencia e Tecnoloxía de Mozambique entre 2000 e 2005 e vicerreitora da Universidade Eduardo Mondlane entre 1998 e 2000.Máis tarde desempeñou as funcións de asesora do Alcalde para a Planificación Estratéxica e Relacións Externas en Maputo. Internacionalmente é unha recoñecida académica que promove o desenvolvemento sustentable e a administración comunitaria baseada en África en xeral, e é membro do Consello de Gobernanza IHE-UNESCO desde decembro de 2009. Brito é directora de política de ciencia en UNESCO e é copresidenta da conferencia, Planet under pressure.
É tamén unha participante activa e conferenciante en moitas conferencias e cumes internacionais.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Colorado Categoría:Nados en 1985 Categoría:Enxeñeiros forestais Categoría:Personalidades sen imaxes