miniatura|dereita|Centro de Berkeley. Ponte da baía de San Francisco, coa cidade de San Francisco ao fondo

Berkeley é unha cidade do condado de Alameda, no estado de California (Estados Unidos).

A cidade é famosa pola súa universidade, a Universidade de California en Berkeley, que está recoñecida como unha das mellores do mundo.

Xeografía Situada na baía de San Francisco, xunto a Oakland, e enfronte da cidade de San Francisco, a unha altitude de 52 msnm."Berkeley". Geographic Names Information System. United States Geological Survey. Consultado o 7 de marzo de 2022. a cidade ocupa unha superficie de 45,73 km<small>2</small>.

Segundo o censo de 2020 contaba cunha poboación de 124 321 habitantes,US Census Bureau. QuickFacts Berkeley city, California. polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 2 718,5 hab./km².

Evolución da poboación de Berkeley entre os anos 2000 e 2005

Notas

Categoría:Cidades de California